Diferenzas entre revisións de «Iolao»

máis
(máis)
(máis)
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|250px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]
 
Formou parte da expedición dos [[Argonautas]] ([[Higino]]: ''Fábulas'' 14, 22; aínda que Pseudo-Apolodoro non o inclúe entre eles) e na partida de caza do [[xabaril de Calidón]] (Higino: 173, 2; pero Pseudo-Apolodoro tampouco o cita, aínda que si ó pai de Iolao, Ificles).
 
Iolao acompañou a Heracles a matar a [[Hidra de Lerna]], no contexto dos [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que este tivo que realizar ó mandado do seu tío [[Euristeo]] para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume. Por esta axuda recibida, Euristeo non considerou válido este traballo na conta dos dez que debía realizar.
Euristeo, trala morte de Heracles, prohibiu o regreso a [[Tirinto]] de [[Alcmena]], de Ificles e mais Iolao (xa na vida do heroe, prohibiulle regresar aínda despois de cumprir os doce traballos). A maiores, obrigou ós reis de [[Corinto]] e de [[Traquis]] que os acolleran, polo que tiveron que refuxiarse en [[Atenas]]. Tamén esixiu ó rei de Atenas que os expulsase da cidade, pero os atenienses negáronse. Euristeo declaroulles a guerra pero foi derrotado e tivo que fuxir. Foi perseguido por [[Hilo (mitoloxía)|Hilo]], o fillo maior de Heracles, que lle deu alcance e o matou, aínda que [[Píndaro]] (''Píticas'', IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou. Respecto a estes feitos, dise que Iolao pediu ós deuses do Hades que lle permitiran recuperar a súa forza da xuventude durante só unha hora (ou un día), para poder axudar á súa familia. Foille permitido e puido volver para matar a Euristeo.
 
[[Ovidio]] di que este don lle foi concedido por [[Hebe (mitoloxía)|Hebe]], deusa da xuventude <ref>Lémbrese que Heracles, tras morrer e ascender ó Olimpo, casou coa deusa Hebe.</ref>.
 
{{cita|"''Pois na alta soleira presentouse un mozo, case meniño, coas meixelas cubertas por certo bozo, Iolao, co rostro rexuvenecido tal como nos seus anos mozos. Este don fóralle outorgado por Hebe, filla de Iuno, vencida polas súplicas do seu esposo ... Por mor do destino volveu Iolao a uns anos que xa vivira''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' IX, 397-401, 430-431)}}
 
Higino narra as circunstancias da morte de Iolao. Xunto a Heracles, participou na [[Guerra de Troia]], pero existía un oráculo que auguraba a morte ó primeiro que desembarcara. Foi Iolao que o fixo e caeu morto por unha frecha de [[Heitor]].
 
{{cita|"''Segundo o oráculo, o primeiro dos aqueos que puxera o pé nas costas troianas, perecería. Cando os aqueos atracaron as naves, visto que os demais titubeaban, Iolao, fillo de Íficlo e de Diomedea, foi o primeiro en saltar desde a súa nave e ó instante Heitor matouno. Todos o chamaron Protesilao, por morrer o primeiro''".|(Higino: ''Fábulas'' 103, 1)}}
 
== Notas ==
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Ovidio|OVIDIO]]: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
 
58.452

edicións