Diferenzas entre revisións de «Iolao»

máis
(máis)
(máis)
A lenda conta que a esposa de [[Zeus]], [[Hera]] (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles. Ificles conseguiu salvar a Iolao e á esposa de Heracles, [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]] <ref>.[[Higino]] dá outra versión, segundo a cal Heracles matou ós fillos e tamén a Mégara (Higino: ''Fábulas mitológicas'' 32, 1-2.).</ref>
 
Tras matar os fillos recuperou a razón e, ó ver o crime cometido, Heracles exiliouse e cedeu a Mégara a Iolao, coa que tivo unha filla, [[LeipefilenaLeipéfile]], que significa "Amor da abandonada".
 
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|250px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]
Iolao acompañou a Heracles a matar a [[Hidra de Lerna]], no contexto dos [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que este tivo que realizar ó mandado do seu tío [[Euristeo]] para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume.
 
Formou parte da expedición dos [[Argonautas]] e na partida de caza do [[xabaril de Calidón]].
 
Iolao acompañou a Heracles a matar a [[Hidra de Lerna]], no contexto dos [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que este tivo que realizar ó mandado do seu tío [[Euristeo]] para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume. Por esta axuda recibida, Euristeo non considerou válido este traballo na conta dos dez que debía realizar.
 
{{cita|"''Heracles, polo tanto, chegou a Lerna montado nun carro conducido por Iolao ... Chamou na súa axuda a Iolao, que prendeu lume a unha parte dun bosque próximo e, queimando cos tizóns os tocos das cabezas, impediu que brotasen de novo''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 5, 2.)}}
 
Tamén acompañou a Heracles na expedición que este organizou para roubar as [[Bois de Xerión|vacas de Xerión]] e axudouno na loita mantida con [[Cicno (fillo de Ares)|Cicno]], fillo de [[Ares (mitoloxía)|Ares]].
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|250px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]
 
Heracles mandou a Iolao a [[Sardeña]] ó mando dalgúns dos fillos que tivera coas cincuenta fillas de [[Tespio]], co encargo de fundar alí unha colonia. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, polo que chegaría a ser adorado por estes.
 
Nos primeiros Xogos Olímpicos instaurados por Heracles, Iolao participou e ganou conducindo un carro tirado polos cabalos do heroe. Tamén nos xogos fúnebres celebrados en honor de [[Pelias]].
 
Heracles mandou a Iolao a [[Sardeña]] ó mando dalgúns dos fillos que tivera coas cincuenta fillas de [[Tespio]], co encargo de fundar alí unha colonia. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, polo que chegaría a ser adorado por estes. Posteriormente volveu con Heracles pouco antes da morte deste e algunhas fontes din que foi el quen prendeu a pira funeraria na que se inmolou o heroe, se ben se adoita atribuír esta acción a [[Filoctetes]], un dos compañeiros de Heracles.
 
Euristeo, trala morte de Heracles, prohibiu o regreso a [[Tirinto]] de [[Alcmena]], de Ificles e mais Iolao (xa na vida do heroe, prohibiulle regresar aínda despois de cumprir os doce traballos). A maiores, obrigou ós reis de [[Corinto]] e de [[Traquis]] que os acolleran, polo que tiveron que refuxiarse en [[Atenas]]. Tamén esixiu ó rei de Atenas que os expulsase da cidade, pero os atenienses negáronse. Euristeo declaroulles a guerra pero foi derrotado e tivo que fuxir. Foi perseguido por [[Hilo (mitoloxía)|Hilo]], o fillo maior de Heracles, que lle deu alcance e o matou, aínda que [[Píndaro]] (''Píticas'', IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou. Respecto a estes feitos, dise que Iolao pediu ós deuses do Hades que lle permitiran recuperar a súa forza da xuventude durante só unha hora (ou un día), para poder axudar á súa familia. Foille permitido e puido volver para matar a Euristeo.
58.445

edicións