Diferenzas entre revisións de «Iolao»

máis
(máis)
(máis)
 
{{cita|"''Heracles, polo tanto, chegou a Lerna montado nun carro conducido por Iolao ... Chamou na súa axuda a Iolao, que prendeu lume a unha parte dun bosque próximo e, queimando cos tizóns os tocos das cabezas, impediu que brotasen de novo''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 5, 2.)}}
 
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|250px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]
 
Heracles mandou a Iolao a [[Sardeña]] ó mando dalgúns dos fillos que tivera coas cincuenta fillas de [[Tespio]], co encargo de fundar alí unha colonia. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, polo que chegaría a ser adorado por estes. Posteriormente volveu con Heracles pouco antes da morte deste e algunhas fontes din que foi el quen prendeu a pira funeraria na que se inmolou o heroe, se ben se adoita atribuír esta acción a [[Filoctetes]], un dos compañeiros de Heracles.
 
Euristeo, trala morte de Heracles, prohibiu o regreso a [[Tirinto]] de [[Alcmena]], de Ificles e mais Iolao (xa na vida do heroe, prohibiulle regresar aínda despois de cumprir os doce traballos). A maiores, obrigou ós reis de [[Corinto]] e de [[Traquis]] que os acolleran, polo que tiveron que refuxiarse en [[Atenas]]. Tamén esixiu ó rei de Atenas que os expulsase da cidade, pero os atenienses negáronse. Euristeo declaroulles a guerra pero foi derrotado e tivo que fuxir. Foi perseguido por [[Hilo (mitoloxía)|Hilo]], o fillo maior de Heracles, que lle deu alcance e o matou, aínda que [[Píndaro]] (''Píticas'', IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou. Respecto a estes feitos, dise que Iolao pediu ós deuses do Hades que lle permitiran recuperar a súa forza da xuventude durante só unha hora (ou un día), para poder axudar á súa familia. Foille permitido e puido volver para matar a Euristeo.
 
Ovidio di que este don lle foi concedido por [[Hebe (mitoloxía)|Hebe]], deusa da xuventude <ref>Lémbrese que Heracles, tras morrer e ascender ó Olimpo, casou coa deusa Hebe.</ref>.
 
{{cita|"''Pois na alta soleira presentouse un mozo, case meniño, coas meixelas cubertas por certo bozo, Iolao, co rostro rexuvenecido tal como nos seus anos mozos. Este don fóralle outorgado por Hebe, filla de Iuno, vencida polas súplicas do seu esposo ... Por mor do destino volveu Iolao a uns anos que xa vivira''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' IX, 397-401, 430-431)}}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Iolaus}}
 
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Ovidio|OVIDIO]]: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
 
{{Control de autoridades}}
58.485

edicións