Mulleres nas Matemáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 130:
 
== '''Revolución industrial''' (s. XIX) ==
[[Ficheiro:Eugène Delacroix - La liberté guidant le peuple.jpg|alt=A Liberdade guiando ao pobo. adro de Eugène Delacroix|miniatura|320x320px|A Liberdade guiando ao pobo.]]
Ao tempo comprendido entre 1789, comenzo da [[Revolución Francesa]], e 1914 comenzo da [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]], se lle denomina “Século da Ciencia”, por ser cando a ciencia alcanzou o que se podería considerar a súa maioría de idade. A Revolución Francesa encádrase no ciclo de transformacións políticas e económicas que marcaron o fin da [[Idade Moderna]] e o comenzo da [[Idade Contemporánea]]. Abarca un período de 10 anos (1789-1799), nos que se estableceron en toda [[Europa]] novas formas de organización política, social e económica, xurdiron novos usos e costumes, triunfaron novos modos de pensamento e novas tendencias espirituais. Este foi un momento decisivo na historia das mulleres. A condición da muller iniciou un cambio debido a que a Revolución creou ilusión de que a situación das mulleres se inscribira no mesmo núcleo de cuestionamento político do resto da sociedade. O lugar da muller na sociedade e non só na orde doméstica, foi un tema que estivo presente. Considerar que a muller puidera ocupar un lugar na sociedade, constituíu todo un descubrimento para a civilización occidental, sen embargo este descubrimento no se convertiu en solucións revolucionarias, nin se experimentaron cambios nla perspectiva da vida das mulleres. Durante gran parte do [[século XIX]] a educación das nenas continúa sometida aos modelos estabrecidos pola costume. Os varóns teñen como destino a vida pública, os traballos das armas e das leis. As mulleres seguen a ser educadas para o fogar e a vida conxugal. A sociedade pasaba de ser rural a industrial, o que derivaba en ser científica e tecnolóxica. Profesionalizouse a ocupación científica, con tódolos requisitos que iso conleva: formación institucionalizada e reglamentada, postos de traballo remunerados, avaliación e recoñecemento social. A ciencia dividiuse e organizouse por especialidades, conformando unha estrutura que en grande medida prefiguraba a que adoptaría no [[século XX]]. Os científicos tomaron conciencia de seu como clase profesional, reclamaron postos remunerados no ensino e na industria. Xunto a seu crecemento e desenvolvemento, a ciencia ganou prestixio e influencia. Retomou a súa imaxe clásica de obxectividade, veracidade e motor de progreso, virtudes que en boa medida extendéronse tamén aos científicos. No século XIX configuráronse e comenzaron a adquirir peso académico disciplinas dedicadas ao estudio do ser humano e da sociedade: [[Psicoloxía]], [[Socioloxía]] e [[Antropoloxía]]. O século vería tamén o nacemento da [[Estatística Social]] e da [[Xeografía Humana]].<ref>{{Cita web|url=http://www.uco.es/~ma1mamaa/GIHEM/documentos/Mujeres%20y%20Matem%C3%A1ticas.pdf|páxina-web=Universidad de Córdoba|título=MUJERES MATEMÁTICAS EN LA HISTORIA DE OCCIDENTE|data-acceso=10-01-2021}}</ref>
 
Dende a Ilustración, as sucesivas revolucións liberais ampliaron a categoría de cidadanía a sectores sociais excluídos do seu exercicio, pero fundamentaron a conceptualización dos dereitos políticos e de cidadanía na exclusión feminina e na universalización da norma masculina. Ademais, o discurso de xénero consolidou como valor cultural da modernidade a idea de separación entre o espazo público, asignado aos homes, e o privado, ás mulleres. O home quedaba adscrito ao mundo público, é dicir ao ámbito do laboral, do político, da ciencia; mentres que a muller, presentada como “o [[anxo do fogar]]”, quedaba relegada ao ámbito doméstico e era sometida a un ríxido sistema patriarcal de valores orientado a sometela á sumisión e obediencia ao marido. Este ideal constituía un modo de preservar a institución burguesa máis prezada: a familia. Este modelo correspondeuse co novo modelo social, o da [[burguesía]] e o da muller burguesa: nai e esposa.<ref name=":12">{{Cita web|título=DE “PERFECTA CASADA” A “ÁNGEL DEL HOGAR”|url=https://www.um.es/tonosdigital/znum14/secciones/estudios-2-casada.htm|páxina-web=www.um.es|data-acceso=2021-01-10}}</ref>
 
Outro dos motivos que permiten entender o proceso de expulsión das mulleres do ámbito científico é a fundación das academias durante os [[Século XVIII|séculos XVIII]] e XIX. A formación das primeiras persoas científicas -tanto homes como mulleres- non dependía das [[Universidade|universidades]], senón da práctica directa e do intercambio de ideas, que tiñan lugar nos talleres, salóns, [[Observatorio|observatorios]] e [[Laboratorio|laboratorios]] caseros. Durante o arranque da modernidade, elas fixeron aportacións destacadas aos saberes clásicos das [[matemáticas]], a [[alquimia]], a herboristaría ou a [[filosofía]], e participaron na fundación de disciplinas nacentes como a [[astronomía]], a [[entomoloxía]], a [[Botánica|botánic]]<nowiki/>a ou a [[xeoloxía]]. Antes da profesionalización das vellas e novas especialidades, a participación epistemolóxica e práctica no desenvolvemento do saber non requería a ostentación de credenciais; a maioría dos homes e mulleres que lideraron a revolución científica eran ''amateurs'' e diletantes que aproveitaban os seus pequenos talleres produtivos para instalar laboratorios improvisados, ou armaban os seus propios instrumentos ópticos nas azoteas das súas vivendas, ou emprendían expedicións de descubrimento por terras ignotas. Todo pola súa conta, sen a subvención de institucións académicas e coa liberdade suficiente para permitir que irmás, fillas, esposas e nais estiveran presentes no proceso de traballo desas empresas, ou que as viuvas e orfas proseguiran cos esforzos familiares. Pero o impulso determinante da investigación científica radicou na conformación de institucións formais: por unha banda, as academias, por outra, a aparición das profesións. Ambas instancias funcionaron como mecanismos decisivos para a exclusión feminina. O paradóxico é que, no momento de fundación das academias de ciencias ao longo e ancho de Europa, había unha cantidade importante de mulleres que deberían ter pertencido por mérito propio a estes organismos -e terían entón disfrutado dos emolumentos que tales institucións aportaban-, pero que non foron admitidas polo feito de ser mulleres. Por exemplo, [[Maria Winkelmann]] non ingresou na Academia de Ciencias de Berlín a causa de argumentos como o que expón Jablonski nunha carta dirixida a [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]] en 1710: ''Debe vostede ser consciente de que a decisión que pronto haberá de tomar podería ser tomada como precedente. En principio somos da opinión de que este caso debe ser xuzgado non so polos seus presentes méritos senón tamén como puidera serlo en adiante, pois o que lle concedamos a ela podería servir de exemplo para o futuro''. Neste contexto, a profesionalización das disciplinas e a institución das primeiras academias científicas deuse á par coa expulsión explícita e flagrante das mulleres. É dcir, a orixe da ciencia, como momento cardinal da modernidade, atestigua a participación dunha importante cantidade de mulleres que deberon ser activamente expulsadas ou marxinadas a partir da aplicación das políticas de institucionalización das academias e das profesiones. Foi a institucionalización do proxecto científico a que instaurou as regulacións que permitiron a expulsión das primeras científicas dos espazos académicos e universitarios.<ref name=":13">{{Cita publicación periódica|título=Imaginario occidental y expulsión de las mujeres de la educación superior|url=http://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_abstract&pid=S0185-27602018000100083&lng=es&nrm=iso&tlng=es|revista=Revista de la educación superior|data=2018-03|ISSN=0185-2760|páxina=83–108|volume=47|número=185|lingua=es|nome=Ana|apelidos=Buquet|nome2=Araceli|apelidos2=Mingo|nome3=Hortensia|apelidos3=Moreno}}</ref>
[[Ficheiro:Emilia Pardo Bazán, óvalo.jpg|alt=Emilia Pardo Bazán|esquerda|miniatura|Emilia Pardo Bazán]]
 
O século XIX foi tamén testigo dos comezos dunha [[pseudociencia]] que intentaba "probar" a inferioridad intelectual das mulleres, e especialmente que as mulleres eran intelectual e moralmente incapaces do traballo científico.<ref name=":4" /> Probablemente isto tivo moito que ver coa aparición en 1859 da teoría da evolución de [[Charles Darwin]] (1809−1882), xa que un aspecto destacado da mesma foi o profundo nesgo sexista -aplicado ao ámbito do xénero humano, do que carecía nos estudos evolutivos doutras especies- que impregnaba a esta teoría. Como recolle a profesora Carolina Martínez Pulido no seu artigo “''Respuesta femenina a El origen del hombre de Charles Darwin”'',<ref>{{Cita web|título=Respuesta femenina a ‘El origen del hombre’ de Charles Darwin Ciencia y más|url=https://mujeresconciencia.com/2015/01/26/respuesta-femenina-a-el-origen-del-hombre-de-charles-darwin/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-01-26|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> o contido androcéntrico dos argumentos esgrimidos polo célebre naturalista fixo que algunhas notables mulleres estudosas reaccionaran publicamente presentando obxeccións ante tanto insulto; como por exemplo as norteamericanas '''[[Antoinette B. Blackwell]]''' (1825 − 1920) e '''[[Eliza B. Gamble]]''' (1841 − 1920). Catro anos máis tarde da publicación de “A orixe do home e a selección en relación ao sexo” (1871) de C. Darwin, Antoinette B. Blackwell publica “Os sexos a través da natureza”, onde analiza a obra do británico converténdose na primeira muller en responder con argumentación científica sólida ao célebre científico. Case que vinte anos máis tarde de que Antoinette B. Blackwell reivindicara a igualdade entre os sexos, a tamén estadounidense Eliza B. Gamble asumiu unha postura moito máis radical. En 1893 Gamble publicou un libro titulado “A evolución da muller: unha investigación sobre o dogma da súa inferioridade ante o home”, onde defendía sen ambaxes a superioridade do sexo feminino sobre o masculino. Outras destacadas personalidades que realizaron aportacións a este debate foron, entre outras, a brillante escritora galega '''[[Emilia Pardo Bazán]]''' (1851 − 1921), quen sostiña en 1877 que “a lei do máis forte é nefasta para o sexo feminino”; ou a francesa '''[[Clèmence Royer]]''' (1830 − 1902), primeira tradutora ao francés e prologuista da obra de Darwin “A orixe das especies”. Todas estas estudosas, claramente por diante do tempo que lles tocou vivir, atrevéronse a expresar en público comentarios críticos sobre o papel concedido ás mulleres nunha obra tan valorada e respectada como “A orixe do home”.<ref>{{Cita web|título=ANTOINETTE BROWN BLACKVELL y CLEMENCIA ROYER: Las mujeres que se enfrentaron a Darwin.|url=https://www.escueladeateneas.com/2019/07/antoinette-brown-blackvell-la-critica.html|data-acceso=2021-01-10|nome=Obtener|apelidos=enlace|apelidos2=Facebook|apelidos3=Twitter|apelidos4=Pinterest|nome5=Correo|apelidos5=electrónico|nome6=Otras|apelidos6=aplicaciones}}</ref>
 
Esta proscrición lexitimouse mediante un discurso sexista -continuador da lóxica do claustro medieval e da misoxinia imperante en épocas anteriores- que lexitimaba a separación de espazos, ahora baseado nun paradigma naturalista. Desta maneira, o que na Antigüidad e na Idad Media fora unha posibilidade para unha mínima elite de mulleres, na modernidade converteuse nunha imposibilidade xeneralizada que declaraba ao conxunto do sexo feminino incapacitado para o saber. Difundiuse así un imaxinario cada vez máis sofisticado onde se atribuía ás mulleres un papel primeiro marxinal e logo por completo ausente da vida intelectual, para recluílas imaxinariamente no espazo doméstico, como se iso fose natural e eterno. Para consolidar esta expulsión do ámbito académico, universitario e científico, moitas das aportacións femininas ao coñecemento foron sistemáticamente borradas dos rexistros históricos e restabelecelas requeriu dun minucioso traballo de reconstrucción.<ref name=":13" /> Este proceso consistiu en moitos casos en negar ás mulleres a autoría das súas propias obras e atribuílas erróneamente a varóns -seus confesores, irmáns, pais, esposos ou amantes- ou por o acento nas biografías sociais ou sexuais de aquelas que demostraron unha xenialidade incompatible con este imaxinario. O resultado de tal panorama permea as épocas. As mulleres pasaron de novo á invisibilidade, pois as nocións de progreso e modernidade fixéronse incompatibles coas mulleres''.'' Tardouse case que dous séculos en recuperar ese papel perdido. Cabe sinalar que se poden atopar en textos histórico-científicos do século XVIII os nomes e aportacións de mulleres como [[Hipatia|Hipatia de Alexandría]], [[Ana Marıa von Schumman]], [[Lucrecia Marinella]] e outras, que desapareceron de re-edicións posteriores no século XIX e que non volveron a aparecer ata que as investigacións sobre ciencia e xénero, a partir dos anos oitenta do século pasado, os recuperaron. A medida que a ciencia vólvese profesional, pasando a ser un tema de estudo recoñecido nas universidades, as mulleres que se tiñan dedicado a ela cando era unha actividade ''amateur'' viron como se as apartaba, pois non se lles permitía estudar nin formar parte das novas institucións científicas. Sen embargo, factores tales como a extensión da educación elemental, as loitas anti-escravistas ou as loitas feministas, reavivaron a polémica sobre a educación das mulleres, ou a súa participación na actividade científica.<ref name=":4" />
[[Ficheiro:Sophie Germain.jpg|alt=Sophie Germain. Matemática francesa|miniatura|'''[[Sophie Germain]]''']]
 
A pesar de tódalas dificultades, xa dende os inicios do século XIX podemos atopar figuras moi relevantes, como a francesa '''[[Sophie Germain]]''' (1776-1831), filla da Revolución francesa, que marcou a súa infancia, quen se refuxiou na biblioteca familiar para illarse dos disturbios da época. A imposibilidade de acceder aos centros oficiais do saber científico pola súa condición de muller, a levou a utilizar o pseudónimo de “''Monsieur Le Blanc''” para intercambiar información, ideas e resultados con grandes matemáticos da época como Lagrange e Gauss. Destacou en Teoría de números (os Primos de Germain, denomínanse así na súa honra) e en Teoría da Elasticidade, área na que gañou un concurso da Academia Francesa de Ciencias sobre a teoría matemática que permitía explicar a formación de figuras ao estender area sobre unha placa vibrante. Despois de todos estes méritos conseguidos ao largo da súa vida, o seu nome non figura entre os que aparecen na ''Tour Eiffel'' como homenaxe a aqueles que fixeron contribucións, dende a ciencia, a súa construción; e no seu certificado de defunción o que figura como a súa
[[Ficheiro:Mary Somerville.jpg|alt=Mary Somerville|esquerda|miniatura|[[Mary Somerville]]]]
profesión é “rendista”, non matemática.<ref>{{Cita web|título=Sophie Germain (1776-1831) Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2017/09/19/sophie-germain-1776-1831/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2017-09-19|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> Ou a escocesa '''[[Mary Somerville|Mary Fairfaix Greig Somerville]]''' (1780-1872), considerada a “Raíña das Ciencias do século XIX” quen, segundo parece, tiña que aprenderse de memoria os libros que conseguía, porque o seu pai non estaba en absoluto de acordo con esa rara afección da súa filla polo saber. Afortunadamente para ela e para a humanidade, o marido co que a casou o seu pai, que era da súa mesma opinión en relación ás “mulleres sabias”, morreu ao cabo de 3 anos de matrimonio, deixándoa con 2 fillos e unha situación económica moi acomodada, o que lle permitiu retomar os seus estudos abertamente e empezar a brillar moi rapidamente en concursos públicos. Anos máis tarde volveuse a casar, pero esta vez cun home que tiña as súas mesmas inquedanzas intelectuais e que non só apoiou a súa carreira científica senón que se converteu no seu enlace ante as institucións ás que ela non podía chegar directamente pola súa condición de muller.<ref>{{Cita web|título=Mary Somerville (1780-1872) Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2017/08/24/mary-somerville-1780-1872/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2017-08-24|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> Mary Somerville foi unha das mulleres de ciencia afortunadas e unha das últimas grandes científicas ''amateur''. Como lle escribiu Charles Lyell a súa futura esposa, Mary Horner, en 1831: "Se a nosa amiga a señora Somerville tivera casado con Laplace, ou con outro matemático, nunca teríamos oído do seu traballo. Estaría fundido co de seu marido, presentándoo como se fora del.<ref name=":4" />
[[Ficheiro:Ada Lovelace.jpg|alt=Ada Augusta Byron Lovelace|miniatura|Ada Lovelace]]
 
Pero non se pode falar das matemáticas do século XIX sen mencionar a informática, que tivo os seus preliminares neste século XIX e xurdiu con forza a partir de mediados do século XX. O personaxe, crucial no ámbito da ciencia e a tecnoloxía, que sentou as bases dun cambio de rumbo fundamental nas vidas da maioría da poboación mundial -aínda que tivera que pasar case que un século despois da súa morte para que as súas teorías foxen recoñecidas- foi '''[[Ada Lovelace|Ada Augusta Byron]]''', marquesa de Lovelace (1815-1852)<ref>{{Cita web|título=Ada Lovelace: el primer programador de la historia - YouTube|url=https://www.youtube.com/watch?v=wqZOH8T-LRo|páxina-web=www.youtube.com|data-acceso=2021-01-10}}</ref> unha “visionaria” informática, o que lle permitiu case que 100 anos antes de que se construíran os primeiros “computadores” deixar escritos programas informáticos que anos máis tarde puideron probar a súa validez. Tivo como titora a Mary Somerville , da que acabamos de falar, que foi quen a levou a unha conferencia de [[Charles Babbage|Babbage]] sobre a súa máquina diferencial, da que queda absolutamente fascinada. Pero cando máis tarde Babbage a fai partícipe da súa idea máis ambiciosa da construción da máquina analítica, Ada Byron convértese, con apenas 18 anos, na máis fiel colaboradora de Babbage, aportando importantes innovacións ao proxecto. Xunto á idea de utilizar as tarxetas perforadas para introducir tanto datos como ordes ao sistema, Ada suxeriu o cambio do sistema decimal ao sistema binario. Ada firmou o traballo -no que aparece o seu programa para o cálculo dos números de [[Jakob Bernoulli|Bernoulli]]- como A.A.L. para evitar que fora rexeitado de entrada. Pero toda a xente do ámbito académico e intelectual sabía que a única persoa que podía telo escrito, por ser a única con coñecementos para facelo, era Ada; en consecuencia a Sociedade matemática do momento declarou "pouco relevante" o seu traballo e este quedou relegado ao esquecemento.<ref>{{Cita web|título=Ada Byron: Condesa de Lovelace (1815-1851) Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2018/07/10/ada-byron-condesa-de-lovelace-1815-1851/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2018-07-10|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref>
 
Liña 147 ⟶ 150:
 
É na segunda metade deste século cando empezaron a aparecer moitas mulleres matemáticas en diversos países europeos e nos Estados Unidos de América e, o que é máis importante, empezan a crear escola, preocupándose non só da súa carreira profesional senón tamén da das súas discípulas. Non só realizaron importantes aportacións á ciencia e á tecnoloxía, senón que conseguiron derrubar algunhas das barreiras que impedían a integración da muller en pé de igualdade en institucións como as universidades e as academias, facilitando así a incorporación doutras moitas conxéneres ás mesmas. En [[Gran Bretaña]], aínda que nun primeir intento a principios do século XIX non se conseguiu abrir os estudios de matemáticas de [[Universidade de Cambridge|Cambridge]] ás mulleres, a mediados deste século se lles permitiu estudiar matemáticas nos seus propios colexios, como sucedeu no ''Queen´s College''. En 1863 foron avaliados os traballos de 83 mozas por un comité da Asociación Nacional para a promoción das Ciencias Sociais. Un dos expertos asegurou que alentar ás mulleres a usar o seu cerebro non lles faría perder a razón.<ref name=":4" />
[[Ficheiro:Charlotte Angas Scott.jpg|alt=Charlotte Angas Scott|miniatura|'''[[Charlotte Angas Scott]]''']]
 
[[Ficheiro:Philippa Fawcett in her room at Newnham College.jpg|alt=Philippa Fawcett na súa habitación do Newnham College|esquerda|miniatura|Philippa Fawcett]]
A inglesa '''[[Charlotte Angas Scott]]''' (1858-1931) supón un punto de inflexión na relación das mulleres e as matemáticas. Loitou en Cambridge para conseguir permiso, en 1880, para presentarse ao exame, “''Tripos''”, que outorgaba a titulación de matemáticas. Conseguiu graduarse en Matemáticas en Cambridge –aínda que non se lle permitiu participar na cerimonia de gradación, o que lle impediu asistir en directo ao boicot que realizaron os seus compañeiros para protestar pola súa ausencia−, e ademais non só conseguiu o “permiso” para ela senón que logrou que a partir de aí outras mulleres puideran facelo. Posteriormente desenvolveu a súa carreira profesional nos Estados Unidos como profesora nunha universidade feminina, na que sempre defendeu un nivel de exixencia igual ao que tiñan as mellores universidades masculinas; aparte de ser editora dunha das mellores revistas científicas  “''American Journal of Mathematics''” desde os seus inicios, así como ser a primeira muller en formar parte da Sociedade matemática americana.<ref>{{Cita web|título=Charlotte Angas Scott “amaba las palabras” Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/06/10/charlotte-angas-scott-amaba-las-palabras/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-06-10|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> Esta muller inicia unha saga de mulleres matemáticas que a partir do século XX se ocuparon de facilitar a carreira científica das súas discípulas e colegas. Aproveitando a “porta” aberta por Scott, 10 anos máis tarde outra muller, '''[[Philippa Garrett Fawcett]]''' (1868-1948), conseguiu ser a número un da súa promoción, o que lle permitiu iniciar a súa carreira profesional na propia Universidade de Cambridge, aínda que logo re-encamiñara a súa carreira cara postos de xestión da educación.<ref>{{Cita web|título=La mujer que superó a los hombres en matemáticas Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/08/03/la-mujer-que-supero-a-los-hombres-en-matematicas/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-08-03|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref>
[[Ficheiro:Maria Mitchell portrait.jpg|alt=Retrato de Maria Mitchell|miniatura|Maria Mitchell]]
 
Tamén na segunda metade do século XIX destaca '''[[Maria Mitchell]]''' (1818-1889), primeira muller dedicada profesionalmente á astronomía en Estados Unidos e terceira muller en descubrir un [[cometa]], o primeiro de outubro de 1847, ao que puxeron o seu nome, "Miss Mitchell's Comet", polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico de Dinamarca. Ensinou astronomía a mulleres no ''Vassar College'' e participó en la fundación de la Asociación Americá para o Avance das Mulleres.<ref>{{Cita web|título=Maria Mitchell, la profesora de astronomía que con 14 años guiaba a los barcos balleneros Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2018/09/06/maria-mitchell-la-profesora-de-astronomia-que-con-14-anos-guiaba-a-los-barcos-balleneros/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2018-09-06|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> E a finais do século XIX un grupo de 13 mulleres, coñecidas hoxe como "as calculadoras de Harvard", dedicáronse a contar e clasificar estrelas no Observatorio. Realizaban un traballo tedioso e mecánico que, sen embargo, “axudou a sentar as bases da astrofísica moderna”. Traballaron ás ordes do astrónomo E. Charles Pickering (1846-1919). A súa labor consistía en arquivar e catalogar a inmensa colección de fotografías de estrelas do [[Observatorio de Harvard]]. Tratábase dunha man de obra barata para realizar unha labor que precisaba de gran paciencia e unha considerable capacidade de observación.<ref>{{Cita web|título=La asombrosa historia de las calculadoras de Harvard|url=https://blogs.20minutos.es/xx-siglos/2016/11/16/la-asombrosa-historia-de-las-calculadoras-de-harvard/|data-acceso=2021-01-10|lingua=es-ES|nome=Dice ser|apelidos=Parr|apelidos2=a}}</ref>
[[Ficheiro:Astronomer Edward Charles Pickering's Harvard computers.jpg|alt=Grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard: Henrietta Swan Leavitt, Annie Jump Cannon, Williamina Fleming, e Antonia Maury.|esquerda|miniatura|289x289px|Astrónomas do Observatorio de Harvard. Entre elas Henrietta Swan Leavitt, Annie Jump Cannon, Williamina Fleming, e Antonia Maury.]]
Entre elas a apenas coñecida '''[[Williamina Fleming]]''' (1857 - 1911) desempeñou un papel crucial. Despois de traballar como criada na casa de [[Edward Charles Pickering|Pickering]], este a contratou para realizar tarefas administrativas e cálculos matemáticos. A súa eficacia fixo que o astrónomo confiara nela para custodiar o arquivo fotográfico do Observatorio e, co tempo, tamén lle encargou reclutar e dirixir a outras mulleres que irían configurando o que desafortunadamente coñeceuse como o "harén de Pickering".<ref>{{Cita web|título=Williamina Fleming, la astrónoma accidental que descubrió más de 300 estrellas Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2018/04/05/williamina-fleming-la-astronoma-accidental-descubrio-mas-300-estrellas/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2018-04-05|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> Outras que xogaron un papel destacado foron '''[[Antonia Maury]]''' (1866-1952) quen deseñou un novo sistema de clasificación estelar que sería a base da astrofísica moderna'', co que'' Pickering non estivo de acordo. As súas diferencias con Pickering pronto foron insalvables e Antonia Maury abandonou definitivamente o observatorio en 1896 para dedicarse ao ensino. En 1943 revísase o catálogo Henry Draper para incorporar as ideas de Antonia Maury.<ref>{{Cita web|título=Antonia Maury (1866-1952): la mujer que conocía las estrellas Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2019/05/09/antonia-maury-1866-1952-la-mujer-que-conocia-las-estrellas/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2019-05-09|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> '''[[Annie Jump Cannon]]''' (1863-1941)''',''' famosa polo seu bo "ollo" para os espectros estelares fixo que os seus [[Catálogo Draper|catálogos Draper]] (que con preto de 400,000 estrelas seguen a ser usados hoxe en día) foran valorados como obra dunha observadora excepcional. Publicou tamén catáogos de [[Estrela variable cefeida|estrelas variables]] (incluídas 300 descubertas por ela). Foi das poucas en conseguir recoñecemento polo seu traballo.<ref>{{Cita web|título=Annie Jump Cannon: Los ojos que nunca se cansaron de mirar al cielo Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2020/01/16/annie-jump-cannon-los-ojos-que-nunca-se-cansaron-de-mirar-al-cielo/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2020-01-16|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref> '''[[Henrietta Leavitt]]'''(1868-1921) descubriu e catalogou 1.777 estrelas variables situadas nas [[Nebulosas de Magalhães]]. En 1912 confirmou, a partir do seu catálogo, que a luminosidade das variables [[Cefeida|Cefeidas]] era proporcional ao seu período de variación de luminosidade, e que esa relación era bastante precisa.<ref>{{Cita web|título=La desconocida que reveló el Universo Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/04/15/la-desconocida-que-revelo-el-universo/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-04-15|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref>
[[Ficheiro:Sofja Wassiljewna Kowalewskaja 1.jpg|alt=Sofja Wassiljewna Kowalewskaja|esquerda|miniatura|[[Sofia Kovalewska|Sofia Kovalevski]]]]
 
En Rusia, a mediados do século XIX nace '''[[Sofia Kovalewska|Sofia Kovalevsky]]''' (1850-1891) unha matemática singular en moitos aspectos. Mostrou capacidades innatas para as matemáticas dende nena, pero a época que lle tocou vivir –a Rusia dos tsares- non llo facilitou. Membro desde moi nova da corrente [[Nihilismo|Nihilista]] que tanto éxito tiña entre as e os xoves cultos da época, decidiu realizar un “matrimonio branco” cun amigo seu, Vladimir Kovalesvky, para poder saír de Rusia e estudar matemáticas noutras universidades europeas. Non sen antes superar grandes dificultades, conseguiu ser discípula primeiro e posteriormente colega e amiga do gran [[Karl Weierstrass|Weierstrass]], doutorándose en matemáticas na [[Universidade de Gotinga]] “in absentia”. Gracias a la intervención de [[Gösta Mittag-Leffler|Mittag-Leffler]], en 1883 consiguió una plaza de profesora en [[Estocolmo]], onde desenvolvería a parte máis importante das súas investigacións matemáticas. Obtivo o ''[[Premio Bordin]]'' da Academia das Ciencias francesa en 1888 por su trabajo "''Mémoire sur un cas particulier du problème de le rotation d’un corps pesant autour d’un point fixe, où l’intégration s’effectue à l’aide des fonctions ultraelliptiques du temps".'' Ademais das súas aportacións matemáticas creativas, orixinais e innovadoras no terreo da [[Análise matemática|Análise Matemática]], foi durante toda a súa vida unha activista, tomando parte na [[Comuna de París]]; sen esquecer a súa faceta literaria, que a levou a dicir que na súa opinión é imposible dedicarse ás matemáticas sen ter alma de poeta.<ref>{{Cita web|título=Me acuerdo de Sofia Ciencia y más|url=https://mujeresconciencia.com/2017/08/30/me-acuerdo-de-sofia/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2017-08-30|data-acceso=2021-01-10|lingua=es}}</ref>
[[Ficheiro:Marie Sklodowska Curie (1867-1934) (12483309625).jpg|alt=Marie Sklodowska Curie|miniatura|[[Marie Curie|Marie Sklodowska Curie]]]]
No último tercio do XIX e comenzos do XX, as transformacións económicas e sociais que aconteceron en Europa e, aínda que en menor grao, tamén en [[España]], demandaron man de obra feminina e, polo tanto, a incorporación paulatina das mulleres ao mercado laboral. Neste
 
No último tercio do XIX e comenzos do XX, as transformacións económicas e sociais que aconteceron en Europa e, aínda que en menor grao, tamén en [[España]], demandaron man de obra feminina e, polo tanto, a incorporación paulatina das mulleres ao mercado laboral. Neste contexto, incluiríanse as vindicacións de mulleres como [[Concepción Arenal]] e [[Emilia Pardo Bazán]], que defenderon para as mulleres, contravindo aos pensadores da súa época, a compatibilidade entre os quefaceres domésticos e o cultivo da súa intelixencia; isto é, a necesidade de non considerar ás mulleres inferiores aos homes.<ref name=":12" />
 
Na última década do século XIX importantísimos avances tiñan revolucionado as matemáticas, a física, a astronomía e outras ciencias. A ciencia convertérase nunha profesión en tódolos sentidos -nunca máis habería descubrimentos importantes feitos por persoas afecionadas- e tanto a súa estrutura como a das súas institucións principais tiñan cambiado irremediablemente. Neste contexto, por primeira vez na historia, foi posible que unha muller -a física e matemática '''[[Marie Curie|Marie Sklodowska-Curie]]''' (1867-1934), que en 1898 descubriu que a radioactividade era unha propiedade intrínseca do átomo, descubrimento que cambiaría o mundo- ingresara nos grupos científicos establecidos. Aínda así, as palabras escritas ese mismo ano 1898, no ''Popular Science Montly'', por [[Henrietta Bolton]] non so son pertinentes para miles de anos de historia, senón que continúan a ser certas hoxe en día: ''Como regar xeral a muller de ciencia debe ser o bastante forte para valerse por si mesma, capaz de soportar o sarcasmo e a antipatía, a menudo inxustos, de homes que sinten celos ao ver invadido o que consideran ser o seu campo propio de actividade''.<ref name=":4" />