Macaca mulatta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 50:
== Distribución e hábitat ==
 
A especie é nativa do norte da [[India]], [[Bangladesh]], [[Paquistán]], [[Nepal]], [[Birmania]], [[Tailandia]], [[Afganistán]], [[Vietnam]], sur deda [[China]] e algunhas áreas veciñas. Teñen a área de distribución máis ampla dun primate despois da do home, ocupando unha gran diversidade de altitudes a través de Asia central, do sur, e do sueste. Habitan áreas áridas abertas, e poden encontrarse en praderías, bosques e rexións montañosas ata os 2.500 m de altura. Nadan con frecuencia. As crías de poucos días xa poden nadar e os adultos poden nadar algo máis de medio quilómetro entre unha illa e outra. Teñen tendencia a trasladarse desde zonas rurais a urbanas, onde se manteñen das dádivas ou dos residuos dos humanos.<ref>{{Cita libro |author=Ciani, A. C. |year=1986 |title=Intertroop Agonistic Behavior of a Feral Rhesus Macaque Troop in Ranging in Town and Forest Areas in India |publisher=Aggressive Behavior 12: 433−439 |url=http://www.esploratore.com/files/resourcesmodule/@random44be4ac49f856/1153323855_Intertroop_Agonistic_Behavior_of_a_Feral_rhesus_Macaque_Troop_Ranging_in_Town_and_Areas_in_India.pdf |accessdate=5 January 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160304040936/http://www.esploratore.com/files/resourcesmodule/@random44be4ac49f856/1153323855_Intertroop_Agonistic_Behavior_of_a_Feral_rhesus_Macaque_Troop_Ranging_in_Town_and_Areas_in_India.pdf |dataarquivo=04 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}</ref> Adáptanse ben á presensza humana e forman mandas máis grandes en paisaxes dominadas polos humanos que nos bosques.<ref>{{Cita publicación periódica|first1=Kumar|last1=Rishi|first2=Sinha|last2=Anindya|first3=Radhakrishna|last3=Sindhu|year=2013|title=Comparative Demography of Two Commensal Macaques in India: Implications for Population Status and Conservation|journal=Folia Primatologica|volume=84|pages=384–393|doi=10.1159/000351935}}</ref>
 
Os límites de distribución sur e norte do ''M. mulatta'' e do ''[[Macaca radiata|M. radiata]]'', actualmente corren paralelamente un doutro na parte oeste da India, están separados por un gran espazo no centro e converxen na costa leste da península para formar unha zona de distribución solapada. Esta rexión de solapamento caracterízase pola presenza de mandas formadas por individuos das dúas especies mesturados, e dúas mandas puras dunha soa especie ás veces poden aparecen en estreita proximidade. A extensión da área de distribución do macaco rhesus, debido a un proceso natural nalgunhas áreas e unha consecuencia directa da introdución polos humanos noutras, ten graves implicacións para as poboacións en declive ou endémicas dos ''M. radiata'' no sur da India.<ref>{{Cita publicación periódica | last1 = Kumar | first1 = R. Radhakrishna | last2 = Sinha | first2 = A. | year = 2011 | title = Of Least Concern? Range Extension by Rhesus Macaques (Macaca mulatta) Threatens Long-Term Survival of Bonnet Macaques (M. radiata) in Peninsular India | url = http://nias.academia.edu/RishiKumar/Papers/538383/Of_least_concern_Range_Extension_by_Rhesus_Macaques_Macaca_mulatta_Threatens_Long-Term_Survival_of_Bonnet_Macaques_M._radiata_in_Peninsular_India | journal = International Journal of Primatology | volume = 32 | issue = 4| pages = 945–959 | doi = 10.1007/s10764-011-9514-y |accessdate=5 January 2016}}</ref>