Xel de sílice: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
O '''xel de sílice''' é unha forma [[amorfo|amorfa]] e [[porosidade|porosa]] de [[dióxido de silicio]] (sílice), consistente nunha rede irregular tridimensional de átomos alternantes de [[silicio]] e [[oxíxeno]] con poros e ocos de escala [[nanómetro|nanométrica]]. Os ocos poden conter auga ou algún outro líquido ou poden estar cheos de gas ou baleiros. Neste último caso, o material chamaríase máis propiamente '''xeroxel de sílice'''.
 
O xeroxel de sílice cun tamaño de poro medio de 2,4 nanómetros ten unha forte afinidade polas moléculas de [[auga]] e é amplamente usado como [[desecante]]. É duro e [[translúcido]], pero considerablemente máis brando que o masivo [[cristal de sílice]] ou [[cuarzo]]; e mantén a súa dureza cando está sturadosaturado de auga.
 
O xeroxel de sílice comercialízase habitualmente en forma de gránulos ou esferas ásperas duns poucos milímetros de diámetro. Algúns grans poden conter pequenas cantidades dunha substancia indicadora que cambia de cor cando absorbe algo de auga. É frecuente que os empaquetados de alimentos secos leven pequenas bolsiñas de papel que conteñen pellets de xeroxel de sílice, que levan xeralmente un aviso de "non inxerir", para absorber calquera [[humidade]] que puidese causar a deterioración da comida.