Agrupaciones Independientes de Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
https://es.wikipedia.org/wiki/Agrupaciones_Independientes_de_Canarias
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2021 ás 00:13

Agrupaciones Independientes de Canarias era unha federación de partidos políticos de ámbito canario existente desde 1985 até a súa integración en Coalición Canaria.[2]

Agrupaciones Independientes de Canarias
Historia
Fundación1985 1
Disolución1993 2
28 de maio de 2005 3
Posicións políticas
IdeoloxíaInsularismo
Nacionalismo canario
Centrodereita
Outros datos
SedeC/ Galceran, 7-9.- Ed.El Drago, Santa Cruz de Tenerife[1]
1 A partir de sectores de Unión de Centro Democrático (UCD) co nome de Federación de Agrupaciones Independientes de Canarias.
2 Integración en Coalición Canaria xunto con outros partidos.
3 Disolución oficial.
4 Desde 1987.
5 Até 1994.

Historia

O partido foi fundado en 1985 co nome de Federación Regional de Agrupaciones Independientes de Canarias, consistindo na unión de distintos partidos e agrupacións de ámbito insular, procedentes na súa maioría da antiga Unión de Centro Democrático (UCD).[3] O 23 de abril de 1986 cambiaron o seu nome ao de Agrupaciones Independientes de Canarias.[1] En 1987 uníuselle a Unión Canaria de Centro. Tratábanse de agrupacións de centro-dereita e insularistas.[4]

En 1993, xunto a Iniciativa Canaria Nacionalista (ICAN), Asamblea Majorera (AM), Partido Nacionalista Canario (PNC) e Centro Canario Independiente (CCI) formaron Coalición Canaria (CC). Con todo, en 1994, Independientes de Fuerteventura (IF) e a Agrupación Independientes de Lanzarote (transformada no Partido de Independientes de Lanzarote (PIL)) abandonan tanto Agrupaciones Independientes de Canarias como Coalición Canaria.

Logrou representación parlamentaria nas eleccións xerais de 1986 e nas de 1989. Foi disolto definitivamente durante o Congreso de Coalición Canaria celebrado o 18 e 19 de maio de 2005, no cal todos os partidos integrantes desapareceron e CC converteuse en partido único.[5]

Integrantes

Dentro desta agrupación integráronse:[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 Ministerio del Interior de España. "Agrupaciones Independientes de Canarias". Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  2. José Adrián García Rojas. "¿Un viaje de ida y vuelta? la difícil articulación entre isla y nación de Coalición Canaria (1993-2009)" (PDF). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  3. "¿Un viaje de ida y vuelta? La difícil articulación entre isla y nación de Coalición Canaria (1993-2009)" (PDF). Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  4. "Sumamos, luego existimos (¿AIC bis?)". Canarias Ahora. 19 de abril de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  5. "Coalición Canaria reelige a Rivero con el 99% de los votos". El País. 30 de maio de 2005. Consultado o 16 de maio de 2005. 
  6. "Agrupaciones Independientes de Canarias". Fundación Juan March. Consultado o 18 de xullo de 2016.