Albania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.7
Etiqueta: Reversión manual
Liña 82:
O estado independente non duraría moito, xa que na práctica acabou coa [[Primeira Guerra Mundial]], coa ocupación do norte por [[Serbia]] e o sur, o Epiro norte, por [[Grecia]], actuando o resto do territorio como un protectorado de Italia, que puxo no goberno a Ahmet Zogu. Quen pasaría a ser a partir do ano [[1928]] o rei [[Zog I de Albania]], o seu reinado remataría no ano [[1939]] coa invasión da Italia fascista de Musolini e a proclamación como rei de Albania de [[Vítor Manuel III]] de Savoia.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] organizouse a resistencia en forma de guerrillas, organizadas sobre todo en torno a movementos de orientación comunista e a un dos seus principais líderes [[Enver Hoxha]]. No ano [[1941]] o recenrecentemente fundado [[Partido do Traballo de Albania]], de ideoloxía marxista-leninista, tomou o control do estado albanés, baixo o liderado de Hoxha e creando a [[República Popular de Albania]]. En [[1955]], Albania pasou ser membro do [[Pacto de Varsovia]].<ref>[http://www.dw-world.de/dw/article/0,2144,2309746_page_2,00.html División de Alemaña durante a Guerra Fría (1945-1989)]</ref> Porén o país foi illado, primeiro por Occidente e logo pola [[Unión Soviética]] despois de que Hoxha fixera unha dura crítica a [[Nikita Khrushchev]] achegándose a [[China]], de quen tamén remataría afastándose trala morte de [[Mao Tse Tung]].
 
En [[1985]], Enver Hoxha morreu e [[Ramiz Alia]] tomou o seu lugar. Inicialmente, Alia tentou seguir os pasos de Hoxha, mais os cambios en [[Europa do Leste]] xa comezaran, [[Mikhail Gorbachev]] aparece na [[URSS]] con novas políticas ([[Glasnost]] e [[Perestroika]]). Despois de que [[Nicolae Ceauşescu]], líder comunista de [[Romanía]], fose executado nunha revolución, Alia asinou o Acordo de Helsinqui, polo que se comprometía a modificar a lexislación en materia civil e foron convocadas eleccións pluripartidistas gañadas polo Partido Demócrata co 62% dos votos en [[1992]].