Euristeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 2:
[[Ficheiro:Heracles facade St Mark's Basilica.jpg||miniatura|Relevo na fachada occidental de San Marcos de Venecia]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Euristeo''' foi o fillo de [[Esténelo (hijo de Perseo)|Esténelo]] (fillo de [[Perseo]]) e de [[Nícipe]] (filla de [[Pélope]]). Foi rei da [[Argólida]] (rexión que comprendía [[Micenas]], [[Argos (Grecia)|Argos]], [[Midea (Argólide)|Midea]] e [[Tirinto]]). Casou con [[Antímaca]], filla de [[Anfidamante]] <ref>Pseudo-Apolodoro: III, 9, 2.</ref>.
 
Á vez que Nícipe estaba xestante, tamén o estaba [[Alcmena]], embarazada de [[Zeus]]<ref>Anfitrión, o home de Alcmena, era sobriño de Esténelo, o home de Nícipe.</ref>. Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo, [[Heracles]] <ref>Pseudo-Apolodoro: II, 4, 5.</ref>. Pero [[Hera]], a esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo]] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e persiguiu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto sete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de [[Euristeo]]. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Pero Euristeo xa nacera, setemesiño, e puido facerse co trono de Micenas.
 
{{cita|"''Cando Lucina'' [nome romano de Ilitía, deusa dos partos] ''escoitou os meus laios, sentou naquel altar que está diante da porta, e cruzando a corva dereita sobre o xeonllo esquerdo, e entrelazando os seus dedos en forma de peite, detivo o parto. Musitou tamén algúns conxuros, que frenaron o parto xa iniciado. ... Estaba comigo unha das miñas servas, Galántide ... e veu á deusa sentada no altar, cos brazos sobre os xeonllos e os dedos entrelazados, e dixo: 'Quenquera que sexas, felicita á miña ama. A argólide Alcmena xa librou, xa é nai e ve cumprido o seu desexo'. A deusa... deu un chimpo e, sobresaltada, soltou as mans; soltadas as mans, librei eu tamén''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'', Libro IX, 296-315)}}
Liña 11:
Xa adultos os dous, [[Hera]], celosa das múltiples aventuras do seu marido Zeus, mandou un ramo de loucura contra Heracles, que lanzou ó lume ós seus propios fillos, que tivera con [[Mégara]], e mais dous fillos de [[Ificles]] <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12. Ificles puido salvar unicamente ó seu fillo [[Iolao]] e á propia Mégara.</ref>.
 
Recuperada a cordura, Heracles exiliouse e foi ata o [[oráculo de Delfos]] para saber qué facer para expiar o pecado cometido. A Pitia mandoulle poñerse ó servizo do seu primo Euristeo, durante un prazo de doce anos, e realizar os dez [[os doce traballos de Heracles|traballos]] que este tivera a ben ordenarlle.

{{cita|"[A Pitia] ''díxolle que vivira en Tirinto ó servizo de Euristeo por espazo de 12 anos e que executara os dez traballos que lle ordenara, engadindo que deste xeito, unha vez realizados os traballos, sería inmortal''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 4, 12)}}

Na lenda, Heracles aparece sempre como home forte, fermoso, xeneroso, valente, etc., mentres que Euristeo é un personaxe imperfecto, física e moralmente, pusilánime e covarde. Deste xeito, Euristeo agóchase ante Heracles cando trae á súa presenza os animais monstruosos que lle ordena cazar, ata rematar comunicándose con el mediante un servente, [[Copreo]] <ref>Copreo, fillo de Pélope, abandonou a Élide tras matar a Ífito, e refuxiouse en Micenas, xunto a Euristeo, que lle purificou e a quen serviu como heraldo.</ref>, e mandar construír un cántaro de bronce, enterrado, no que poder esconderse no caso dunha posible agresión por parte de Heracles. Foron estes traballos os que forxaron a sona de heroe de Heracles e lle fixeron merecente da apoteose e divinización.
 
Rematado o tempo de servizo e cumpridos á súa satisfacción os traballos encomendados, Euristeo ofreceu un sacrificio, ó que invitou ó propio Heracles, pero os fillos do rei ofrecéronlle unha ración de carne menor que ós demais invitados, polo que Heracles se sentiu ultraxado e matou a tres deles <ref>Grimal, s. v. ''Euristeo''.</ref>.