Euristeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 11:
Xa adultos os dous, [[Hera]], celosa das múltiples aventuras do seu marido Zeus, mandou un ramo de loucura contra Heracles, que lanzou ó lume ós seus propios fillos, que tivera con [[Mégara]], e mais dous fillos de [[Ificles]] <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12. Ificles puido salvar unicamente ó seu fillo [[Iolao]] e á propia Mégara.</ref>.
 
Recuperada a cordura, Heracles exiliouse e foi ata o [[oráculo de Delfos]] para saber qué facer para expiar o pecado cometido. A Pitia mandoulle poñerse ó servizo do seu primo Euristeo, durante un prazo de doce anos, e realizar os dez [[os doce traballos de Heracles|traballos]] que este tivera a ben ordenarlle. Na lenda, Heracles aparece sempre como home forte, fermoso, xeneroso, valente, etc., mentres que Euristeo é un personaxe imperfecto, física e moralmente, pusilánime e covarde. Deste xeito, Euristeo agóchase ante Heracles cando trae á súa presenza os animais monstruosos que lle ordena cazar, ata rematar comunicándose con el mediante un servente, [[Copreo]] <ref>Copreo, fillo de Pélope, abandonou a Élide tras matar a Ífito, e refuxiouse en Micenas, xunto a Euristeo, que lle purificou e a quen serviu como heraldo.</ref>, e mandar construír un cántaro de bronce, enterrado, no que poder esconderse no caso dunha posible agresión por parte de Heracles. Foron estes traballos os que forxaron a sona de heroe de Heracles e lle fixeron merecente da apoteose e divinización.
 
Rematado o tempo de servizo e cumpridos á súa satisfacción os traballos encomendados, Euristeo ofreceu un sacrificio, ó que invitou ó propio Heracles, pero os fillos do rei ofrecéronlle unha ración de carne menor que ós demais invitados, polo que Heracles se sentiu ultraxado e matou a tres deles <ref>Grimal, s. v. ''Euristeo''.</ref>.
 
Euristeo prohibiu a Heracles asentarse en Tirinto e incluso, trala morte do heroe, prohibiu tamén o regreso de Alcmena, e a de Ificles e mais Iolao. Euristeo seguiu persiguindo a Alcmena e ós [[heráclidas]] e obrigou ós reis respectivos que os expulsaran de [[Corinto antiga|Corinto]] e de [[Traquis]]. Puideron fuxir e acollerse en [[Atenas]] aínda que Euristeo esixiu que a botasen da cidade, aínda que os atenienses se negaron, polo que lles declarou a guerra. Perdendo a contenda, Euristeo fuxiu e foi perseguido por [[Hilo]], o fillo maior de Heracles, que lle deu alcance e o matou <ref>[[Píndaro]] (''Píticas'', IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou.</ref>. Cortoulle a cabeza e entregouna a Alcmena, que lle sacou os ollos.
 
Existe unha tradición, recollida en tempos de [[Alexandre o Grande|Alexandre]], que di que Heracles e Euristeo foran amantes, e que aquel realizou os traballos por amor <ref>Grimal, s. v. ''Euristeo''.</ref>.