John Kufuor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
https://es.wikipedia.org/wiki/John_Kufuor
Calq (conversa | contribucións)
Liña 28:
Kufuor foi novamente elixido candidato presidencial do seu partido para as [[Eleccións xerais de Ghana de 2000|eleccións de 2000]]. Rawlings xa non podía presentarse a un terceiro mandato debido ao [[Límite de mandatos|límite constitucional]], e o seu partido, o [[Congreso Nacional Democrático (Ghana)|Congreso Nacional Democrático]], presentou a [[John Evans Atta Mills]] como candidato. A campaña viuse empanada por algúns actos de violencia esporádicos en [[Acra]], o que levou a que tanto Kufuor como os demais candidatos asinaran a "Declaración de Osu", comprometéndose a incitar aos seus partidarios a comportarse pacificamente durante o proceso electoral. Kufuor afirmou que, se era elixido Presidente, centraríase en paliar a crise económica iniciada durante o goberno de Rawlings, e en incrementar o respecto aos [[dereitos humanos]].<ref>[http://www.nytimes.com/2000/12/31/world/first-peaceful-power-shift-is-welcomed-by-ghanaians.html First peaceful power shift is welcomed by ghanaians] ''New York Times'', 31 de decembro de 2000</ref>
 
Finalmente, as eleccións realizáronse o [[7 de decembro]]. Kufuor obtivo [[maioría simple]] co 48.17% dos votos, a 1.83 puntos porcentuais de evitar unha [[Segunda volta electoral|segunda volta]]. En segundo lugar quedou Atta Mills cun 44.54%, debendo programarse unha segunda volta entre ambos para o [[28 de decembro]].<ref name=victory>[http://www.nytimes.com/2000/12/10/world/in-upset-ghana-s-opposition-is-winning-national-elections.html Ghana's Opposition is Winning National Elections] ''New York Times'', 10 de decembro de 2000</ref> Con respecto ao lexislativo, o NPP obtivo [[maioría absoluta]] logo de realizarse unha elección parcial, que o deixou con 100 de 200 escanos no Parlamento.<ref>{{cite news |url=http://www.ghanaweb.com/GhanaHomePage/NewsArchive/artikel.php?ID=12922 |title=By-election Gives NPP 100th Parliamentary Seat |accessdate=31 de julioxullo de 2007 |work=General News of Thursday, 4 January 2001 |publisher=Ghana Home Page}}</ref><ref>{{cite web|url=http://psephos.adam-carr.net/countries/g/ghana/ghana4.txt |title=Republic of Ghana Legislative election of 7 December 2000 |accessdate=27 de xullo de 2007 |publisher= |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070914092815/http://psephos.adam-carr.net/countries/g/ghana/ghana4.txt |archivedate=14 de setembro de 2007 |deadurl=yes |df= }}</ref>
 
Na segunda volta, a participación decreceu levemente e Kufuor obtivo unha ampla vitoria, co 56.90% dos votos. O oficialismo recoñeceu a derrota, e Kufuor foi xuramentado Presidente da República de Ghana o [[7 de xaneiro]] de [[2001]], sendo o primeiro traspaso de poder entre dous presidentes de distintos partidos políticos na [[historia de Ghana]].