John Kufuor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Calq (conversa | contribucións)
https://es.wikipedia.org/wiki/John_Kufuor
Liña 1:
{{Biografía}}
'''John Agyekum Kufuor''', nado o [[8 de decembro]] de [[1938]], é un político [[Ghana|ghanés]] que foi presidente da república dese país entre o [[7 de xaneiro]] de [[2001]] e o mesmo día de [[2009]]. [[Avogado]] e membro do [[Novo Partido Patriótico]], chegou ao poder tras gañar a segunda volta das [[Eleccións xerais de Ghana de 2000|eleccións presidenciais de 2000]], derrotando o candidato [[John Evans Atta Mills]], do oficialista [[Congreso Nacional Democrático (Ghana)|Congreso Nacional Democrático]], e consolidando de certo xeito a democracia no seu país ao protagonizar, xunto ao seu predecesor [[Jerry Rawlings]], o primeiro traspaso pacífico de poder entre dous presidentes de distintos partidos políticos desde a independencia de Ghana en [[1957]].
 
A carreira política de Kufuor posicíonao no lado [[Democracia liberal|democrático liberal]] da [[Historia de Ghana|historia política de Ghana]], pertencendo nos seus primeiros anos ao [[Partido Unido (Ghana)|Partido Unido]] e á [[Convención Unida de Costa de Ouro]]. Foi ministro durante o goberno de [[Kofi Abrefa Busia]], do [[Partido do Progreso (Ghana)|Partido do Progreso]], entre [[1969]] e [[1972]], e foi deputado do [[Parlamento de Ghana]] polo opositor [[Partido da Fronte Popular (Ghana)]] durante o goberno de [[Hilla Limann]] ([[1979]]-[[1981]]). En [[1996]] presentouse como candidato presidencial do [[Novo Partido Patriótico]], sendo derrotado polo Presidente incumbente [[Jerry Rawlings]]. En [[2000]] Kufuor foi novamente candidato do NPP, obtendo a vitoria en segunda volta. Foi reelixido para un segundo mandato en [[2004]], esta vez triunfando en primeira volta. En [[2008]], o candidato do seu partido, [[Nana Akufo-Addo]], foi derrotado por [[John Evans Atta Mills]]. Kufuor finalizou o seu mandato o [[7 de xaneiro]] de [[2009]].
 
== Biografía ==
Membro da [[Pobo ashanti|etnia ashanti]], John Kufuor naceu en [[Kumasi]], na rexión de [[Rexión Ashanti|Ashanti]], o [[8 de decembro]] de [[1938]], na [[Costa de Ouro británica|colonia británica de Costa de Ouro]], actual [[Ghana|República de Ghana]]. Asistiu ao ''Prempeh College'' desde [[1954]] até [[1958]], un ano despois da independencia do seu país como un [[Reino da Mancomunidade]]. Entre [[1959]] e [[1961]] estudou no [[Lincoln's Inn]], en [[Londres]], e posteriormente en [[Exeter College, Oxford]] ([[1961]]-[[1964]]). No Rexistro Parlamentario da Segunda República, Kufuor cita como as súas afeccións e intereses o [[tenis de mesa]], a lectura, o fútbol e os espectáculos cinematográficos. Casou en [[1962]] con Theresa Mensah, con quen tivo cinco fillos. Sería presidente do ''[[Asante Kotoko FC|Asante Kotoko Football Club]]'' de [[1988]] a [[1991]].<ref>[http://ghanasoccernet.com/ex-president-john-kuffour-comesirates-with-asante-kotoko John Kufuor comesirates with Asante Kotoko]</ref>
 
== Inicios na política ==
Kufuor foi elixido deputado polo distrito de Atwima Nwabiagya (da súa rexión natal de Ashanti), en [[Eleccións xerais de Ghana de 1969|1969]], polo gobernante [[Partido do Progreso (Ghana)|Partido do Progreso]], cando no seu país se restaurou a [[República parlamentaria|democracia parlamentaria]] logo do derrocamento de [[Kwame Nkrumah]] e a saída do poder da [[ditadura militar]] resultante. Foi nomeado Viceministro de Asuntos Exteriores polo Primeiro ministro [[Kofi Abrefa Busia]] e representou a Ghana en varias ocasións. De [[1969]] a [[decembro]] de [[1971]] dirixiu a delegación de Ghana ante a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] en [[Nova York]], nas reunións ministeriais da [[Organización para a Unidade Africana]] en [[Adís Abeba]] e na Conferencia Cumio do [[Movemento de Países Non Aliñados]] en [[Lusaca]]. En [[1970]] dirixiu a delegación ghanesa ante [[Moscova]] ([[Unión Soviética]]), [[Praga]] ([[Checoslovaquia]]) e [[Belgrado]] ([[Iugoslavia]]) para discutir a débeda de Ghana con estes países.
 
Como Portavoz do Ministerio de Relacións Exteriores e segundo [[líder da oposición]] do Grupo Parlamentario da Fronte Popular (PFP) durante a Terceira República ([[1979]]-[[1981]]), foi invitado a acompañar ao presidente [[Hilla Limann]] á Conferencia da OUA en [[Freetown]], [[Serra Leoa]]. Tamén foi membro da delegación parlamentaria que visitou os [[Estados Unidos]] en [[1981]] para falar co [[Fondo Monetario Internacional]] (FMI) e o [[Banco Mundial]] sobre os problemas económicos de Ghana.
 
Tras o [[golpe de estado]] que puxo fin ao goberno democrático de Limann e instaurou o [[Ditadura militar|réxime militar]] de [[Jerry Rawlings]], en [[xaneiro]] de [[1982]] o liderado do Partido Popular (APP), que era unha alianza de todos os partidos da oposición, aconsellou a algúns membros destacados, entre eles o Vicepresidente da Alianza, Alhaji Iddrisu Mahama, o Secretario Xeral Obed Asamoah, e Kufuor, aceptar unha invitación do ''Consello Provisional de Defensa Nacional'' (PNDC) para servir no que se pretendía ser un Goberno Nacional. Kufuor foi nomeado Secretario de Goberno Local neste novo goberno.
 
Como Secretario de Goberno Local, escribiu as Guías de Políticas do Goberno Local que debían ser a base das actuais Asembleas de Distrito descentralizadas.
 
== Primeira candidatura presidencial ==
{{AP|Eleccións xerais de Ghana de 1996}}
Tras a [[Eleccións xerais de Ghana de 1992|restauración da democracia]], en [[1992]], Kufuor pasou a formar parte do [[Novo Partido Patriótico]] (NPP), que se declaraba sucesor do Partido do Progreso, e que boicoteou as eleccións lexislativas logo de que o seu candidato presidencial, [[Albert Adu Boahen]], denunciara [[fraude electoral]] nas presidenciais, nas que foi derrotado por Rawlings. En [[1996]], Kufuor foi nomeado candidato presidencial do NPP, logo de que 1034 de 2000 delegados votaran por el na convención do partido, derrotando a Boahen. Á diferenza das anteriores eleccións, onde o NPP se enfrontou só á "[[Alianza Progresista (Ghana)|Alianza Progresista]]" de Rawlings, Kufuor contaba tamén co apoio do [[Partido da Convención Nacional]], que abandonara o oficialismo, formándose a [[Grande Alianza (Ghana)|Grande Alianza]].<ref name=legislative/>
 
Durante a súa campaña, que durou pouco menos de nove meses, Kufuor criticou a política exterior do goberno, afirmando que esta "parecía imposta desde fóra", especialmente por institucións financeiras internacionais como o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, así como a introdución dun [[imposto ao valor engadido]] (IVE) sobre bens e servizos.<ref name=legislative/>
 
As eleccións presidenciais realizáronse o [[7 de decembro]], ao mesmo tempo que as lexislativas, a fin de evitar un novo boicot opositor. Kufuor obtivo o 39.67% dos votos contra un 57.40% de Rawlings, que accedeu ao seu segundo mandato constitucional. Con todo, Kufuor obtivera unha porcentaxe significativamente mellor que o de Boahen en [[1992]] (un 30%), e o NPP obtivera cerca de 61 escanos parlamentarios.<ref name=legislative>[http://www.ipu.org/parline-e/reports/arc/2123_96.htm ELECTIONS HELD IN 1996] IPU</ref> A elección foi recoñecida como libre e xusta polos observadores, e desde ese ano, [[Freedom House]] volveu a considerar a Ghana unha "[[Democracia|democracia electoral]]".
 
== Segunda candidatura presidencial ==
{{AP|Eleccións xerais de Ghana de 2000}}
Kufuor foi novamente elixido candidato presidencial do seu partido para as [[Eleccións xerais de Ghana de 2000|eleccións de 2000]]. Rawlings xa non podía presentarse a un terceiro mandato debido ao [[Límite de mandatos|límite constitucional]], e o seu partido, o [[Congreso Nacional Democrático (Ghana)|Congreso Nacional Democrático]], presentou a [[John Evans Atta Mills]] como candidato. A campaña viuse empanada por algúns actos de violencia esporádicos en [[Acra]], o que levou a que tanto Kufuor como os demais candidatos asinaran a "Declaración de Osu", comprometéndose a incitar aos seus partidarios a comportarse pacificamente durante o proceso electoral. Kufuor afirmou que, se era elixido Presidente, centraríase en paliar a crise económica iniciada durante o goberno de Rawlings, e en incrementar o respecto aos [[dereitos humanos]].<ref>[http://www.nytimes.com/2000/12/31/world/first-peaceful-power-shift-is-welcomed-by-ghanaians.html First peaceful power shift is welcomed by ghanaians] ''New York Times'', 31 de decembro de 2000</ref>
 
Finalmente, as eleccións realizáronse o [[7 de decembro]]. Kufuor obtivo [[maioría simple]] co 48.17% dos votos, a 1.83 puntos porcentuais de evitar unha [[Segunda volta electoral|segunda volta]]. En segundo lugar quedou Atta Mills cun 44.54%, debendo programarse unha segunda volta entre ambos para o [[28 de decembro]].<ref name=victory>[http://www.nytimes.com/2000/12/10/world/in-upset-ghana-s-opposition-is-winning-national-elections.html Ghana's Opposition is Winning National Elections] ''New York Times'', 10 de decembro de 2000</ref> Con respecto ao lexislativo, o NPP obtivo [[maioría absoluta]] logo de realizarse unha elección parcial, que o deixou con 100 de 200 escanos no Parlamento.<ref>{{cite news |url=http://www.ghanaweb.com/GhanaHomePage/NewsArchive/artikel.php?ID=12922 |title=By-election Gives NPP 100th Parliamentary Seat |accessdate=31 de julio de 2007 |work=General News of Thursday, 4 January 2001 |publisher=Ghana Home Page}}</ref><ref>{{cite web|url=http://psephos.adam-carr.net/countries/g/ghana/ghana4.txt |title=Republic of Ghana Legislative election of 7 December 2000 |accessdate=27 de xullo de 2007 |publisher= |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070914092815/http://psephos.adam-carr.net/countries/g/ghana/ghana4.txt |archivedate=14 de setembro de 2007 |deadurl=yes |df= }}</ref>
 
Na segunda volta, a participación decreceu levemente e Kufuor obtivo unha ampla vitoria, co 56.90% dos votos. O oficialismo recoñeceu a derrota, e Kufuor foi xuramentado Presidente da República de Ghana o [[7 de xaneiro]] de [[2001]], sendo o primeiro traspaso de poder entre dous presidentes de distintos partidos políticos na [[historia de Ghana]].
 
== Presidencia ==
=== Política interior ===
A política interna da súa administración no primeiro período estivo marcada pola rixidez fiscal e monetaria na fronte económica, co obxectivo de estabilizar unha economía nacional que se estancara e estaba en declive. A súa visión social centrouse en liberar o potencial emprendedor, creativo e innovador dos ghaneses como un medio de crear riqueza e polo tanto lidar cos desafíos sociais cos que se enfrontaba. Esta visión socioeconómica foi encapsulada no Programa das Cinco Áreas Prioritarias, a saber, a busca dunha boa gobernanza, a modernización da agricultura para o desenvolvemento rural, a participación do sector privado, a mellora dos servizos sociais e o vigoroso desenvolvemento da infraestrutura. A súa administración recibiu a maior asistencia financeira da historia de Ghana, debido fundamentalmente á desconfianza dos doadores ante os gobernos militares anteriores, así como a aqueles con algunhas conexións militares, como os dous mandatos constitucionais de Rawlings.
 
No campo da saúde, o seu goberno iniciou o Plan Nacional de Seguro de Saúde para substituír o sistema existente;<ref>{{cite news|url=http://www.ghanaweb.com/GhanaHomePage/health/national_health_insurance_scheme.php |title=Health Insurance in Ghana |accessdate=26 de xullo de 2013 |publisher=Ghana Web |archivedate= 4 de agosto de 2013 |deadurl=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20130804015656/http://www.ghanaweb.com/GhanaHomePage/health/national_health_insurance_scheme.php |df= }}</ref> 11 millóns de ghaneses rexistráronse baixo este esquema. Creou o Servizo Nacional de Ambulancias e construiu máis de 205 hospitais e clínicas.<ref>[https://web.archive.org/web/20120404101028/http://johnakufuorfoundation.org/presidency.html<!-- Bot generated title -->]</ref> Tamén construiu un centro de emerxencia de última xeración no Hospital de Ensinanza Komfo Anokye. O goberno de Kufuor introduciu tamén a atención materna gratuíta nos hospitais públicos para todas as mulleres embarazadas.<ref>{{cite news|title=KATH, Accident, Emergency Centre takes shape |place=Kumasi |work=Ghanian Chronicle |publisher=Modern Ghana |date=9 de xuño de 2008 |url=http://www.modernghana.com/news/169026/1/kath-accident-emergency-centre-takes-shape.html |author=Sebastian R. Freiku |accessdate=26 de xullo de 2013 |archivedate=22 de outubro de 2013 |deadurl=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20131022191756/http://www.modernghana.com/news/169026/1/kath-accident-emergency-centre-takes-shape.html |df= }}</ref>
 
Presentouse á reelección nas [[Eleccións xerais de Ghana de 2004|eleccións xerais de 2004]], onde o seu lema de campaña foi "''So far, so good''", baseándose na estabilidade económica lograda baixo o seu mandato, cunha taxa de crecemento superior ao 5 por cento. O seu principal opoñente era novamente Atta Mills, quen recalcou que, a pesar da bonanza económica, aínda o 44% da poboación vivía baixo o limiar da pobreza.<ref name=legislative2>[http://www.ipu.org/parline-e/reports/arc/2123_04.htm Elections in 2004] IPU</ref> Kufuor foi reelixido co 52% dos votos, evitando así unha segunda volta. Foi xuramentado o [[7 de xaneiro]] de [[2005]] para o seu segundo mandato.
 
=== Política exterior ===
A política exterior de Kufuor estaba enmarcada no que el chamou "diplomacia económica". Neste contexto, en África en xeral e en África Occidental en particular, buscou unha política de boa veciñanza, que se viu reflectida nun aumento de relacións entre Ghana e [[Liberia]], [[Serra Leoa]], [[Costa de Marfil]] e [[Guinea-Bissau]], entre outros estados africanos. No escenario mundial, Kufuor buscou activamente o establecemento dunha orde social e económica internacional xusta e equitativa, mentres promoveu e salvagardou os intereses de Ghana mediante acordos bilaterais e multilaterais. A súa posición internacional, sendo visto como un estadista, demócrata e portavoz crible de África expresou na súa invitación ás principais reunións e conferencias internacionais, incluída o cumio da Unión Africana, os Cumios do [[G8]] en Sea Island, Xeorxia; e Glenneagles, Escocia, e o [[Foro Económico Mundial]]. Foi Presidente do grupo rexional da CEDEAO durante dous períodos consecutivos, [[2003]] e [[2004]].
 
=== Transición presidencial ===
Estando Kufuor impedido para presentarse á outra reelección, debido ao límite de mandatos, o NPP designou a [[Nana Akufo-Addo]] como o seu candidato presidencial. Atta Mills, dúas veces opoñente electoral de Kufuor, sería o seu principal contrincante. As enquisas iniciais afirmaban de antemán que sería unha elección extremadamente igualada, na cal tanto Atta Mills como Akufo-Addo tiñan posibilidades de gañar.<ref>{{cite news |url=http://www.angus-reid.com/polls/view/32333/akufo_addo_leads_rivals_in_ghana |title=Akufo-Addo Leads Rivals in Ghana |publisher=[[Angus Reid Global Monitor]] |date=1 de decembro de 2008 |accessdate=10 de decembro de 2008 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20090111224554/http://www.angus-reid.com/polls/view/32333/akufo_addo_leads_rivals_in_ghana |archivedate=11 de xaneiro de 2009 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20090111224554/http://www.angus-reid.com/polls/view/32333/akufo_addo_leads_rivals_in_ghana |data-arquivo=11 de xaneiro de 2009 }}</ref> As eleccións realizáronse o [[7 de decembro]]. Mentres que Akufo-Addo obtivo [[maioría simple]] de votos, co 49.13% (a menos dun punto de gañar en primeira volta), o NPP perdeu a maioría parlamentaria debido a que o NDC triunfou en máis circunscricións. Programouse unha segunda volta entre Atta Mills e Akufo-Addo para o [[28 de decembro]]. Nesta, Atta Mills obtivo unha diferenza ínfima de menos de medio punto porcentual, obtendo a presidencia.<ref>{{cite news |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/africa/7809451.stm |title=Opposition leader wins run-off poll |publisher=[[BBC News]] |date=3 de xaneiro de 2009 |accessdate=3 de xaneiro de 2009}}</ref> O principal motivo da derrota de Akufo-Addo foi o atraso da votación na circunscrición de Tain, e o posterior boicot do NPP tras denunciar que a elección en dito distrito non sería transparente, provocando que Atta Mills triunfara co 90% dos votos nesa circunscrición.<ref>{{cite news | url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/africa/7807448.stm | title=Ghana vote despite party boycott | publisher=BBC News | date=2 de xaneiro de 2009 | accessdate=4 de xaneiro de 2009}}</ref> Kufuor recoñeceu a derrota e finalizou o seu mandato o [[7 de xaneiro]] de [[2009]], entregando o cargo a Atta Mills.
 
== Postpresidencia ==
En [[xullo]] de [[2009]], meses despois de abandonar a presidencia, Kufuor converteuse en membro da Xunta Asesora Internacional da Organización de Desenvolvemento dos Países Baixos (SNV) para contribuír coa súa experiencia no traballo de redución da pobreza da organización.<ref>[http://www.snvworld.org/en/regions/world/about-us/organisation/international-advisory-board "International Advisory Board"] {{Wayback|url=http://www.snvworld.org/en/regions/world/about-us/organisation/international-advisory-board |date=20141210071508 }}, SNV.<!-- {{Wayback|url=http://www.snvworld.org/en/regions/world/about-us/organisation/international-advisory-board |date=20141210071508 }}--></ref> En [[setembro]], Kufuor falou nos [[Países Baixos]] nun evento do goberno neerlandés para celebrar "60 anos de asistencia ao desenvolvemento" por invitación do ministro de asuntos exteriores [[Bert Koenders]], ao que asistiron case 2.000 persoas. Durante a súa visita aos [[Países Baixos]], foi entrevistado polo xornal ''NRC Handelsblad'' e a revista ''Internationale Samenwerking''. Avogou pola importancia dunha asistencia para o desenvolvemento eficaz, sinalando que isto axudou a Ghana a ingresar no mercado internacional de capitais. <ref>{{cite news|date=29 de setembro de 2009 |accessdate=14 de maio de 2012 |url=http://www.ghanaweb.com/GhanaHomePage/NewsArchive/artikel.php?ID=169502 |title=Africa still needs aid -Kufuor |publisher=Ghanaweb.com |deadurl=no |archivedate=27 de setembro de 2012 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20120927164704/http://www.ghanaweb.com/GhanaHomePage/NewsArchive/artikel.php?ID=169502 |df= }}</ref>
 
Kufuor foi elixido xunto con [[Luiz Inácio Lula da Silva]] para recibir conxuntamente o [[Premio Mundial de Alimentación]] 2011 polo seu compromiso persoal e liderado visionario mentres se desempeñaban como presidentes de Ghana e do [[Brasil]], respectivamente, na creación e aplicación de políticas gobernamentais para aliviar a fame e a pobreza nos seus países. A fundación declarou que "os logros significativos destes dous galardoados ilustran que o liderado transformacional realmente pode lograr un cambio positivo e mellorar en grande medida a vida das persoas".<ref name=renamed_from_2011_on_20140409004828>{{cite news|title=The 2011 World Food Prize Laureates |publisher=[[World Food Prize]] |url=http://www.worldfoodprize.org/index.cfm/24667/13371/2011_world_food_prize_honors_former_presidents_of_ghana_brazil |accessdate=22 de setembro de 2011 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20130719195246/http://www.worldfoodprize.org/index.cfm/24667/13371/2011_world_food_prize_honors_former_presidents_of_ghana_brazil |archivedate=19 de xullo de 2013 |deadurl=no |df= }}</ref>
 
O [[7 de xaneiro]] de [[2013]], mentres se preparaba para asistir á cerimonia de xuramentación de [[John Dramani Mahama]], sucesor do falecido Atta Mills, logo da súa [[Eleccións xerais de Ghana de 2012|estreita e cuestionada vitoria electoral]], manifestantes do NPP cercaron a casa de Kufuor para impedirlle concorrer, baixo o argumento de que o partido decidira boicotear a xuramentación mentres os resultados estiveran sendo apelados ante a Corte. Kufuor replicou que fora invitado en calidade de expresidente, non de membro do NPP, e que de todas formas iría á cerimonia. O Servizo Policial de Ghana debeu disolver a manifestación para permitirlle a Kufuor asistir ao evento.<ref>{{cite news |url=http://graphic.com.gh/General-News/npp-supporters-besiege-kufuors-residence-to-stop-him-from-attending-mahamas-inauguration.html |title=NPP supporters besiege Kufuor's residence – To stop him from attending Mahama's inauguration |date=7 de xaneiro de 2013 |accessdate=11 de xaneiro de 2013 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20130310001858/http://graphic.com.gh/General-News/npp-supporters-besiege-kufuors-residence-to-stop-him-from-attending-mahamas-inauguration.html |archivedate=10 de marzo de 2013 |deadurl=no |df= |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20130310001858/http://graphic.com.gh/General-News/npp-supporters-besiege-kufuors-residence-to-stop-him-from-attending-mahamas-inauguration.html |data-arquivo=10 de marzo de 2013 }}</ref>
 
==Notas==
{{referencias}}
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
{{commonscat|John Kufuor}}
*[http://www.cidob.org/biografias_lideres_politicos/africa/ghana/john_kufuor Biografía de John Kufuor por CIDOB] (en español)
*[https://web.archive.org/web/20111127180556/http://johnakufuorfoundation.org/ The John A. Kufuor Foundation]
*{{enlace roto|1=[http://www.ghana-pedia.org/org/index.php?option=com_directory&listing=Kufuor,%John%K.A.&page=viewListing&lid=290&Itemid=36 Ghana-pedia webpage – John K.A. Kufuor] |2=http://www.ghana-pedia.org/org/index.php?option=com_directory&listing=Kufuor,%John%K.A.&page=viewListing&lid=290&Itemid=36 |bot=InternetArchiveBot }}
*[http://www.liveleak.com/view?i=153_1208691830 President of Ghana Speaks at Ahmadiyya Muslim Caliphate Centenary Convention]
*[http://www.ghana.gov.gh/ Official website of the Government of Ghana]
*[https://web.archive.org/web/20070403180534/http://www.ghanacastle.gov.gh/ Official website of the Office of the President of Ghana]
*[http://custom-made.org.uk/2011/04/15/successful-nigerian-polls-will-echo-across-africa-says-kufuor/ Interview with John Kufuor about Nigerian elections] – broadcast on [[Radio France Internationale]]
*[https://web.archive.org/web/20151208102852/http://www.notablebiographies.com/newsmakers2/2005-Fo-La/Kufuor-John-Agyekum.html Notable biographes]
*[http://www.encyclopedia.com/topic/John_Agyekum_Kufuor.aspx www.encyclopedia.com]
 
{{Start box}}
Liña 8 ⟶ 75:
|predecesor=[[Jerry Rawlings]]
|sucesor=[[John Atta Mills]]}}
{{Succession box
|título=[[Ficheiro:AU emblem.png|35px]]<br>[[Presidente da Unión Africana]]
|período=[[2007]] - [[2008]]
|predecesor=[[Denis Sassou-Nguesso]]
|sucesor=[[Jakaya Kikwete]]}}
{{End box}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Kufuor, John}}