Electrión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Electrión''' foi, segundo a [[mitoloxía grega]], un rei de [[Micenas]], fillo de [[Perseo]] e de [[Andrómeda (mitoloxía)|Andrómeda]] (filla dos reis [[Cefeo]] e [[Casiopea]]. Casou con [[Anaxo]] (ou Anasaso), de quen tivo a [[Alcmena]] (nai de [[Heracles]] <ref>[[Eurípides]] (''Heraclidas'') di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.</ref>) e nove fillos varóns: Estróbates, Gorgófono, Filónomo, Celeneo, Anfímaco, Lisínomo, Querímaco, Anáctor e Arquelao. Tamén tivo un fillo bastardo, [[Licimnio]], de Midea <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 5.</ref>.
 
Un día presentáronse ante el os fillos de [[Pterelao]] e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio) como os fillos de Pterelao. Electrión quixo vingar a morte dos seus fillos e deixou o reino en mans de Anfitrión (o seu sobriño) e Alcmena, pero fixo xurar a Anfitrión que a gardaría virxe ata o seu regreso. Fixo fuxir ó exército inimigo, pero este levou consigo o botín de guerra, formado por abundante gando, que foi recuperado por [[Anfitrión]]. Pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e el tiroulle unha maza, con tan mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Por este motivo, Anfitrión foi exiliado de [[Argos, Grecia|Argos]] por [[Esténelo]] (irmán de Electrión) e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas.
 
[[Hesíodo]] (''Escudo'') e [[Homero]] (''Ilíada'' XIV, 323) dan unha versión diferente da morte de Electrión, segundo a cal Anfitrión matouno nunha agarrada por cousa das vacas e marchou voluntariamente a Tebas.