Diferenzas entre revisións de «Ponto (mitoloxía)»

corrixo
(corrixo)
{{Outros homónimos|Ponto}}
Na [[mitoloxía grega]], '''Ponto''' (en [[lingua grega|grego antigo]] Πόντος ''Póntos'', 'mar'; en [[latín]] ''Pontus'') foi un deus primixenio, anterior ós [[Titán (mitoloxía)|Titáns]] e ós [[deuses olímpicos]]. Foi fillo de [[Xea]] (a Terra) e irmán de [[Urano (mitoloxía)|Urano]]. [[Hesíodo]] escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino <ref>Este último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano, tería máis fillos: os Titáns.</ref>. Considérase a personificación masculina do mar.
 
{{cita|"''Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor''".|(Hesíodo: ''Teogonía'' 131-132)}}
 
[[Higino]] afirmaba que foi fillo de Xea con [[Éter (mitoloxía)|Éter]], o Ceo luminoso.<ref>[[Higino]]: ''Fábulas''.</ref>
* [[Euribia]], que casou con [[Crío (mitoloxía)|Crío]], un dos titáns. Tiveron tres fillos: [[Astreo]], [[Palas (Titán)|Palas]] (ou Palante) e [[Perses]].
 
{{cita|"''O Ponto enxendrou ó veraz Nereo, o maior dos seus fillos, ó que chaman o Ancián, porque, infalible e bondadoso, non lle pasan inadvertidas as leis divinas, senón que coñece xustos e benévolos designios. Logo, uníndose a Xea, deu a luz ó gran Taumante, ó poderoso Forcis, a Ceto, de hermosas meixelas, e a Euribia, que ten un ánimo de aceiro nas entrañas''".|(Hesíodo: ''Teogonía'' 234-240)}}
 
Con [[Talasa (mitoloxía)|Talasa]], personificación do [[mar Mediterráneo]], foi pai dos [[Telquines]]: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico.
58.724

edicións