Tiresias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
feito!
Lameiro (conversa | contribucións)
engado imaxe
Liña 17:
 
== As metamorfoses de Tiresias ==
[[Ficheiro:Tiresias striking the snakes.png|miniatura|300px|Gravado que representa a Tiresias mallando nas serpes. Dunha "Metamorfoses" de Ovidio de c. 1690]]
 
[[Ovidio]] escribe que Tiresias, paseando polo monte Cileno ou polo [[Citerón]] sorprendeu a dúas [[cobras|serpes]] apareándose. Uns din que matando co bastón á femia; outros, que as feriu; e outros, simplemente que as separou. Pero, en ytodo caso, veuse convertido en muller. Ó cabo de sete anos volveu ver no mesmo lugar outras dúas serpes nas mesmas circunstancias, e volveu a golpealas co seu bastón para separalas <ref>[[Higino]] di que así actuou por consello dun oráculo (Higino: 75, 1).</ref>, uns din que matando nesta ocasión á serpe macho; e ó facelo converteuse novamente en varón. O feito de ser o único ser que dispoñía da experiencia de ser home durante un tempo e muller noutro momento foi a razón pola que Zeus e Hera acudiran a el como árbitro na discusión que mantiñan sobre quen experimentaba máis placer durante unha relación sexual, os homes ou as mulleres. Tiresias concluíu que o varón experimenta unha décima parte do placer que a muller, pero Hera indignouse por ter revelado o secreto do sexo feminino e castigouno deixándoo cego. Zeus, non obstante, concedeulle como compensación o don da profecía e unha larga vida (aquivalente a sete xeracións humanas <ref>"''Xúpiter fixo que vivira durante sete xeracións e destacara como adiviño entre o resto dos mortais''" (Higilo: 75, 3.</ref>.