Tiresias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 5:
Na [[mitoloxía grega]], '''Tiresias''' foi un afamado adiviño cego da cidade de [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Outro sonado adiviño foi [[Calcas]] (ou Calcante), de Troia.
 
Era fillo de [[Everes]] e da [[ninfa (mitoloxía)|ninfa]] [[Cariclo (nai de Tiresias)|Cariclo]]. Tivo dúas fillas: [[Manto (mitoloxía)|Manto]] (adiviña como el, e nai do tamén adiviño [[Mopso]]) e [[Dafne (filla de Tiresias)|Dafne]].
 
Tiresias quedou cego desde novo, pero non o era de nacemento. Existen distintas versiones que tratan de explicalo: para uns a súa [[cegueira]] foi causada pola deusa [[Atenea]], que o castigou por sorprendela espida mentres se bañaba; para outros foino pola deusa [[Hera]], anoxada pola súa resposta nunha disputa con [[Zeus]] sobre o placer que sentía un home ou unha muller. En ámbolos casos foi compensado co don de ver o futuro.
Liña 26:
 
== Profecías de Tiresias ==
Tiresias foi quen de profetizar o resultado de diferentes feitos na lenda tebana. Foi el que revelou a [[Anfitrión]], rei de Tebas, que fora Zeus que se deitara coa súa esposa [[Alcmena]], a noite anterior de que el regresara da guerra. Desa unión de Zeus e Alcmena naceu [[Heracles]].
 
Tamén soubo descubrir os crímenes de [[Edipo]], que matou ó pai e casou coa nai. En ocasión da expedición dos sete contra Tebas ([[Polinices]] e seis xefes aliados) vaticinou que a cidade se salvaría se se sacrificaba a [[Ares (mitoloxía)|Ares]] o fillo de [[Creonte]], Meneceo.
 
Noutra ocasión aconsellou a [[Penteo]] non opoñerse á introdución do culto de [[Dioniso]] en [[Beocia]], e tamén predicíu a morte de [[Narciso]].
 
A súa sona como adiviño, mesmo unha vez morto, era tal que Heracles descendeu ó Hades para consultarlle.
 
== Morte ==
Trala toma de Tebas polos [[Epígonos]], Tiresias acompañou ós tebanos no seu éxodo. Un día, descansando, bebeu auga dunha fonte que, estaba tan fría, que morreu.
 
== Notas ==
Liña 39 ⟶ 48:
* [[Ovidio|OVIDIO]]: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
[[Categoría: Mitoloxía grega]]