Tiresias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 9:
Tiresias quedou cego desde novo, pero non o era de nacemento. Existen distintas versiones que tratan de explicalo: para uns a súa [[cegueira]] foi causada pola deusa [[Atenea]], que o castigou por sorprendela espida mentres se bañaba; para outros foino pola deusa [[Hera]], anoxada pola súa resposta nunha disputa con [[Zeus]] sobre o placer que sentía un home ou unha muller. En ámbolos casos foi compensado co don de ver o futuro.
 
== ObañoO baño de Atenea ==
[[Pseudo-Apolodoro]] recolle a versión de [[Ferécides]] segundo a cal, cando Tiresias era mozo veu a [[Atenea]] cando se bañaba espida na fonte Hipocrene, no [[Monte Helicón]]. A deusa, defensora a ultranza da castidade, considerou esta indiscreción como un atentado contra o seu pudor, e deixouno cego.
 
{{cita|"''Había entre os tebanos un adiviño, Tiresias, fillo de Everes e da ninfa Cariclo, que estaba privado da visión... Uns afirman que foi cegado polos deuses por revelar ós homes as cousas que eles querían ocultarlles, mentres que Ferécides di que o cegou Atenea, pois ... veu á deusa completamente núa, pero ela tapoulle os ollos coas mans e deixouno cego. Cando Cariclo lle rogou que lle devolvera a vista non puido facelo, pero limpándolle os ollos fixo que comprendese a linguaxe dos paxaros''".|(Pseudo-Apolodoro, III, 6, 7)}}
y «Atenea le puso entonces las manos sobre los ojos y lo dejó ciego».<ref name="Apo3.6.7">Pseudo-[[Apolodoro de Atenas|Apolodoro]]: ''[[Biblioteca mitológica]]'', III, 6.7.
 
Atenea concedeulle igualmente unha vida máis longa que a do respo dos mortais e a posibilidade de conservar o seu poder de adiviñación nos [[Hades|Infiernos]].
 
== As metamorfoses de Tiresias ==
 
[[Ovidio]] escribe que Tiresias sorprendeu a dúas [[Serpes]] apareándose e separounas matando co bastón a femia. Pero converteuse en muller. Ó cabo de sete anos volveu ver outras dúas serpes nas mesmas circunstancias, e volveu a golpealas co seu bastón para separalas, matando nesta ocasión á serpe macho; e ó facelo converteuse novamente en varón. O feito de dispor da experiencia única de ser home durante un tempo e muller noutro momento foi a razón pola que Zeus e Hera acudiran a el como árbitro na discusión que mantiñan sobre quen experimentaba máis placer durante unha relación sexual, os homes ou as mulleres. Tiresias concluíu que o varón experimenta unha décima parte do placer que a muller, pero Hera indignouse por ter revelado o seu secreto e castigouno deixándoo cego. Zeus, non obstante, concedeulle como compensación o don da profecía e unha larga vida.