Tiresias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 7:
Era fillo de [[Everes]] e da [[ninfa (mitoloxía)|ninfa]] [[Cariclo (nai de Tiresias)|Cariclo]]. Tivo dúas fillas: [[Manto (mitoloxía)|Manto]] e [[Dafne (filla de Tiresias)|Dafne]].
 
Tiresias quedou cego desde novo, pero non o era de nacemento. Existen distintas versiones que tratan de explicalo: para uns a súa [[cegueira]] foi causada pola deusa [[Atenea]], que o castigou por sorprendela espida mentres se bañaba; para outros foino pola deusa [[Hera]], enoxadaanoxada pola súa resposta nunha disputa con [[Zeus]] sobre o placer que sentía un home ou unha muller. En ámbolos casos foi compensado co don de ver o futuro.
 
[[Ovidio]] escribe que Tiresias sorprendeu a dúas [[Serpes]] apareándose e separounas matando co bastón a femia. Pero converteuse en muller. Ó cabo de sete anos volveu ver outras dúas serpes nas mesmas circunstancias, e volveu a golpealas co seu bastón para separalas, matando nesta ocasión á serpe macho; e ó facelo converteuse novamente en varón. O feito de dispor da experiencia única de ser home durante un tempo e muller noutro momento foi a razón pola que Zeus e Hera acudiran a el como árbitro na discusión que mantiñan sobre quen experimentaba máis placer durante unha relación sexual, os homes ou as mulleres. Tiresias concluíu que o varón experimenta unha décima parte do placer que a muller, pero Hera indignouse por ter revelado o seu secreto e castigouno deixándoo cego. Zeus, non obstante, concedeulle como compensación o don da profecía e unha larga vida.
 
 
== Notas ==