Mulleres nas Matemáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Contexto histórico: Arranxos de edición
Liña 1:
{{Enuso}}
Ao longo da historia centenares de [[Muller|mulleres]] tiveron que loitar para abrirse paso no campo das ciencias, unha contorna tradicionalmente masculina e vetada para elas. A contribución destas mulleres tivo un gran impacto no desenvolvemento das [[matemáticas]].<ref>{{Cita web|título=Matemáticas que han revolucionado la historia|url=https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20190312/461000579675/mujeres-matematicas-historia-ciencia.html|páxina-web=La Vanguardia|data=2019-03-13|data-acceso=2020-10-28|lingua=es}}</ref> Historicamente relegadas da educación, da política, da participación social… da cidadanía, a sociedade impuxo ás mulleres o exercicio duns roles moi definidos, relacionados normalmente có coidado, a educación de fillos e fillas, a alimentación, a familia… é dicir, as tarefas do ámbito privado, doméstico. Un ámbito importante -sen o que non existiría todo o demais- pero desvalorizado socialmente.Pero dende os inicios da civilización atopamos a mulleres que loitaron por saír da esfera do privado e ser recoñecidas no ámbito público. Foi unha tarefa moi complicada na que participaron mulleres de tódalas épocas e clases sociais.<ref>{{Cita web|url=https://www.inmujer.gob.es/areasTematicas/AreaEducacion/MaterialesDidacticos/docs/AportacionesMatematicas.pdf|páxina-web=Instituto de la Mujer|título=Aportaciones de las mujeres a las matemáticas|data-acceso=27-10-2020}}</ref> [[Ficheiro:Woman teaching geometry.jpg|alt=Muller ensinando xeometría. Detalle dunha ilustración medieval|miniatura|Muller ensinando xeometría.|447x447px]]
== Contexto histórico ==
Como di [[Sandra Harding]]: «Está probado, histórica e documentalmente, que se intentou excluír ás mulleres do campo científico con máis ardor, aínda, que dos campos de batalla. A represión, burla, desconsideración e desautorización, que tiveron que soportar para acceder á ciencia son dificilmente imaxinables nos tempos actuais, pero a pesar de todo, as mulleres sempre buscaron estratexias para se incorporar a aqueles campos do saber que se consideraban exclusivos dos varóns».<ref>{{Cita libro|título=Ciencia y feminismo|apelidos=Harding|nome=Sandra|editorial=Morata|ano=1996|ISBN=|ref=}}</ref>