Diferenzas entre revisións de «Gravidade»

Completo ampliación do resumo a partir de en:wiki, eliminando a única frase anterior
(Completo ampliación do resumo a partir de en:wiki, eliminando a única frase anterior)
[[Ficheiro:Bruce McCandless II during EVA in 1984.jpg|miniatura|Astronauta en ausencia de gravidade.]]
[[Ficheiro:Neno feliz nas camas elásticas.JPG|miniatura|A forza do salto supera a da gravidade.]]
A '''gravidade''', que en sentido común significa ''seriedade'', ten significados máis específicos en [[física]] e [[química]], os cales se indican a continuación.
 
A '''gravidade''' (do latín gravitas), tamén denominada '''interacción gravitatoria''' o '''gravitación''', é un [[fenómeno natural]] polo cal os obxectos con [[masa]] ou [[enerxía]] son atraídos entre sí, efecto maiormente observable na interacción entre os [[planeta]]s, [[Estrela (astronomía)|estrela]]s, [[galaxia]]s e demais obxectos do [[universo]], incluída a [[luz]]. É unha das catro [[interaccións fundamentais]] que orixina a [[aceleración]] que experimenta un corpo físico nas proximidades dun [[obxecto astronómico]]. A gravidade é a responsable de moitas das estruturas a gran escala do universo, como a formación de estrelas a partir da atracción gravitatoria de masas gasosas, ou a agrupación destas en galaxias e cúmulos.
 
A gravidade é a máis débil das catro [[interacción fundamental|interaccións fundamentais]] en física, aproximadamente 10<sup>38</sup> veces máis débil ca [[interacción forte]], 10<sup>36</sup> veces menor ca [[forza electromagnética]] e 10<sup>29</sup> veces menor ca [[interacción débil]]. Non ten, polo tanto, influencia importante a nivel de partículas subatómicas. Pola contra, é a interacción dominante a escala macroscópica, sendo a causa da formación, forma e [[traxectoria]] ([[órbita]]) dos [[obxecto astronómico|obxectos astronómicos]].
 
Para a maioría das aplicacions e a nivel macroscópico, a graviedade está ben aproximada pola [[Lei da gravitación universal]] de [[Isaac Newton|Newton]], que describe a gravidade como unha forza que fai que dous corpos sean atraídos entre sí, cunha magnitude proporcional ao producto das súas masas e inversamente proporcional ao cuadrado da distancia entre eles. No entanto, a gravidade descríbese con maior precisión mediante a [[Relatividade xeral|teoría xeral da relatividade]] (proposta por [[Albert Einstein]] en [[1915]]), que describe a gravidade non como unha forza, senon como unha consecuencia do movemento de masas ao longo de líneas [[xeodésica]]s nun espacio-tempo curvo causado pola distribución desigual da masa. O exemplo máis extremo desta curvatura do espacio-tempo é un [[burato negro]], do cal nada, nin siquera a luz, pode escapar unha vez pasado o [[horizonte de sucesos]] do burato negro.
 
== Gravidade física: Gravidade e gravitación ==
1.385

edicións