Euristeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 8:
Á vez que Nícipe estaba xestante, tamén o estaba [[Alcmena]], embarazada de [[Zeus]]. Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo, Heracles <ref>Pseudo-Apolodoro: II, 4, 5.</ref>. Pero [[Hera]], a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo]] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e persiguiu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto sete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de [[Euristeo]]. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Pero Euristeo xa nacera, setemesino e puido facerse co trono de Micenas.
 
== Euristeo, rei de Micenas ==
Xa adultos os dous, [[Hera]], celosa das múltiples aventuras do seu marido Zeus, mandou un ramo de loucura contra Heracles, que lanzou ó lume ós seus propios fillos, que tivera con [[Mégara]], e mais dous fillos de [[Ificles]] <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12. Ificles puido salvar unicamente ó seu fillo [[Iolao]] e á propia Mégara.</ref>.
 
Recuperada a cordura, Heracles exiliouse e foi ata o [[oráculo de Delfos]] para saber qué facer para expiar o pecado cometido. A Pitia mandoulle poñerse ó servizo do seu primo Euristeo, durante un prazo de doce anos, e realizar os dez [[os doce traballos de Heracles|traballos]] que este lle ordenara. No mito de Heracles, este aparece sempre como home forte, fermoso, xeneroso, valente, etc., mentres que Euristeo é un personaxe imperfecto, física e moralmente, pusilánime e covarde. Deste xeito, Euristeo agóchase ante Heracles cando trae á súa presenza os animais monstruosos que lle ordena cazar, ata rematar comunicándose con el mediante un servente, Copreo, e mandar construirconstruír un cántaro de bronce, enterrado, no que poder esconderse no caso dunha posible agresión por parte de Heracles. Foron estes traballos os que forxaron a sona de heroe de Heracles e lle fixeron merecente da apoteose e divinización.
 
Rematado o tempo de servizo e cumpridos á súa satisfacción os traballos encomendados, Euristeo ofreceu un sacrificio, ó que invitou ó propio Heracles, pero os fillos do rei lle ofreceron unha ración de carne menor que ós demais invitados, polo que Heracles se sintiu ultraxado e matou a tres deles <ref>Grimal, s. v. ''Euristeo''.</ref>.
 
Euristeo prohibiu a Heracles asentarse en Tirinto e incluso, trala morte do heroe, prohibiu tamén o regreso de Alcmena, e a de Ificles e mais Iolao. Euristeo seguiu persiguindo a Alcmena e ós [[heráclidas]] e obrigou ós reis respectivos que os expulsaran de [[Corinto antiga|Corinto]] e de [[Traquis]]. Puideron fixir e acollerse en [[Atenas]] aínda que Euristeo esixiu que a botasen da cidade, pero os atenienses negáronse, polo que lles declarou a guerra. No transcurso da mesma Euristeo morreu e entregaron a súa cabeza a Alcmena, que lle sacou os ollos.
 
Existe unha tradición, recollida en tempos de [[Alexandre o Grande|Alexandre]], que di que Heracles e Euristeo foran amantes, e que aquel realizou os traballos por amor <ref>Grimal, s. v. ''Euristeo''.</ref>.