Diferenzas entre revisións de «Gravidade»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
A '''gravidade''', que en sentido común significa ''seriedade'', ten significados máis específicos en [[física]] e [[química]], os cales se indican a continuación.
 
A '''gravidade''' (do latín gravitas), tamén denominada '''interacción gravitatoria''' o '''gravitación''', é un [[fenómeno natural]] polo cal os obxectos con [[masa]] ou [[enerxía]] son atraídos entre sí, efecto maiormente observable na interacción entre os [[planeta]]s, [[Estrela (astronomía)|estrela]]s, [[galaxia]]s e demais obxectos do [[universo]], incluída a [[luz]]. É unha das catro [[interaccións fundamentais]] que orixina a [[aceleración]] que experimenta un corpo físico nas proximidades dun [[obxecto astronómico]]. A gravidade é a responsable de moitas das estruturas a gran escala do universo, como a formación de estrelas a partir da atracción gravitatoria de masas gasosas, ou a agrupación destas en galaxias e cúmulos.
 
A gravidade é a máis débil das catro [[interacción fundamental|interaccións fundamentais]] en física, aproximadamente 10<sup>38</sup> veces máis débil ca [[interacción forte]], 10<sup>36</sup> veces menor ca [[forza electromagnética]] e 10<sup>29</sup> veces menor ca [[interacción débil]]. Non ten, polo tanto, influencia importante a nivel de partículas subatómicas. Pola contra, é a interacción dominante a escala macroscópica, sendo a causa da formación, forma e [[traxectoria]] ([[órbita]]) dos [[obxecto astronómico|obxectos astronómicos]].
207.299

edicións