Alcmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 12:
{{cita|"''Pero antes de que Anfitrión regresase a Tebas, Zeus presentouse unha noite e, triplicando a súa duración, tras adoptar a figura de Anfitrión, xaceu con Alcmena e contoulle o ocorrido cos Teléboas''".|(Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8)}}
 
Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito de Anfitrión, dando por suposto que sería o seu hillo, Heracles. Pero [[Hera]], a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto odenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos e, por tanto, das comadroas) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e correu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto novesete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación), coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto do fillo de Anfitrión, [[Ificles]]. A serva de IlitíaAlcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en [[donicela]] e condenouna a parir pola boca, por ter unha boca mentireira.
 
{{cita|"''A Íole acolleuna Hilo, por orde de Hércules, no seu leito e no seu corazón, e encheulle o seu ventre de nobre semente, cando Alcmena lle dixo así: Que os deuses che axuden e abrevien o trance cando, a piques de parir, invoques a Ilitía, protectora das asustadas parturientas; ésta, por compracer a Iuno'' [Hera] ''tornouse severa contra min. Pois, chegado o día de parir a este Hércules, sufridos de traballos, e gravitando o sol xa sobre o noveno signo do zodíaco, o peso distendíame o ventre e o que levaba era tan grande que se podería dicir que era Júpiter o autor da oculta carga, e xa non podía eu soportar as dolores por máis tempo''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' IX, 273-323)}}
 
== Infancia de Heracles ==
Liña 30 ⟶ 32:
{{Commonscat|Alcmena}}
=== Bibliografía ===
* [[Ovidio|OVIDIO]]: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].