Alcmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
{{Biografía}}
[[Ficheiro:AlcmenaHércules.jpg|miniatura|''Anfitrión e Alcmena ollan como Hércules esgana serpes'', mural de Pompeia]]
 
'''Alcmena''' foi un personaxe [[mitoloxía grega|mitolóxico]], unha muller mortal, filla de [[Electrión]], rei de [[Micenas]], e esposa de [[Anfitrión]]. Fecundada por [[Zeus]], foi a nai de [[Heracles]] (ou Hércules); e como precursora dos [[Heráclidas]] foi adorada en [[Tebas, Grecia|Tebas]] e [[Atenas]].
 
== Antecedentes ==
Electrión casara con Anaxo, filla de [[Alceo]] <ref>Alceo, xa que logo, é o avó de Heracles, e de aí o sobrenome de ''Alcides'' que tiña este. Foi en Delfos, onde fora consultar o oráculo, onde a pitia bautizoulle como Heracles (Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12).</ref>, e enxendrou dez fillos, entre eles Alcmena <ref>[[Eurípides]] (''Heraclidas'') di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.</ref>. Un día presentáronse ante el os fillos de [[Pterelao]] e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio, fillo bastardo) como os fillos de Pterelao. O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, que foi recuperado por Anfitrión pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e Anfitrión tiroulle unha maza, coa mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Anfitrión foi exiliado de [[Argos, Grecia|Argos]] e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas. E como Alcmena fixera a promesa de casar a quen vingase a morte dos seus irmáns <ref>Tamén se di que Alcmena xurara non entregarse a el ata que os seus irmáns fosen vingados.</ref>, Anfitrión comprometeuse a facelo e organizou unha expedición contra aqueles. Finalmente, Pterelao morreu e Anfitrión logrou conquistar os seus territorios, regresando vitorioso a Tebas.
 
==Nacemento de Heracles==
Liña 13 ⟶ 12:
{{cita|"''Pero antes de que Anfitrión regresase a Tebas, Zeus presentouse unha noite e, triplicando a súa duración, tras adoptar a figura de Anfitrión, xaceu con Alcmena e contoulle o ocorrido cos Teléboas''".|(Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8)}}
 
Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito de Anfitrión, dando por suposto que sería o seu hillo, Heracles. Pero [[Hera]], a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto odenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos, e, por tanto, das comadoascomadroas) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e correu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto nove días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación), á vez que aceleraba o parto do fillo de Anfitrión, [[Ificles]]. A serva de Ilitía, Galantis, frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa se levantou e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en [[donicela]].
 
== Infancia de Heracles ==
[[Ficheiro:AlcmenaHércules.jpg|miniatura|''Anfitrión e Alcmena ollan como HérculesHeracles esgana as serpes'', mural de Pompeia]]
Cando Heracles tiña oito meses <ref>Segundo [[Píndaro]] (''Nemeas'' I, 35), Heracles acababa de nacer; segundo [[Teócrito]] (XXIV, 1), tiña dez meses; e segundo [[Ferécides]], un ano.</ref>, Hera, que quería a morte do meniño, mandou ó berce dúas enormes serpes e, mentres Alcmena pedía axuda a Anfitrión, Heracles matounas esganándoas coas mans <ref>Tamén empregou Hera este método para intentar librarse dos fillos bastardos de Zeus: mandou a serpe [[Pitón (mitoloxía)|Pitón]] para que devorase a Apolo meniño, pero este mata coas súas frechas a Pitón.</ref>. Segundo Ferécides, foi o propio Anfitrión quen as puxo, para comprobar cal dos dous era o seu fillo: ó ver que Heracles se enfrontaba con elas mentres Ificles fuxía, comprendeu que este segundo era o seu fillo e Heracles o fillo do deus <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8.</ref>.