Alcmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 4:
 
'''Alcmena''' foi un personaxe [[mitoloxía grega|mitolóxico]], unha muller mortal, filla de [[Electrión]], rei de [[Micenas]], e esposa de [[Anfitrión]]. Fecundada por [[Zeus]], foi a nai de [[Heracles]] (ou Hércules); e como precursora dos [[Heráclidas]] foi adorada en [[Tebas, Grecia|Tebas]] e [[Atenas]].
 
== Antecedentes ==
Electrión casara con Anaxo, filla de [[Alceo]], e enxendrou dez fillos, entre eles Alcmena <ref>[[Eurípides]] (''Heraclidas'') di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.</ref>. Un día presentáronse ante el os fillos de [[Pterelao]] e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio, fillo bastardo) como os fillos de Pterelao. O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, que foi recuperado por Anfitrión pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e Anfitrión tiroulle unha maza, coa mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Anfitrión foi exiliado de Argos e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas. E como Alcmena fixera a promesa de casar a quen vimgase a morte dos seus irmáns, Anfitrión comprometeuse a facelo e organizou unha expedición contra aqueles. Finalmente, Pterelao morreu e Anfitrión logrou conquistar os seus territorios, regresando vitorioso a Tebas
 
==Nacemento de Heracles==