Diego Cornide Saavedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Diego Cornide Saavedra foi membro dunha prominente familia da Coruña do século XVIII. Exerceu como avogado da Real Audiencia da Coruña. Entre 1766 e 1771 serviu en México como..."
 
mSen resumo de edición
Liña 1:
Diego Cornide Saavedra foi membro dunha prominente familia da [[A Coruña|Coruña]] do século XVIII. Exerceu comodistitnos avogadocargos dana [[Real Audiencia dade CoruñaGalicia]]. Entre 1766 e 1771 serviu en México como asesor do vicerrei. Foi pai do ilustrado coruñés [[José Cornide Saavedra|José Cornide]]. Mandou edificar na Cidade Vella da Coruña a [[Casa Cornide]].
 
== Biografía ==
Diego Antonio Cornide Saavedra Becerra (A Coruña, 1699-1776) naceu nunha familia fidalga con orixes en San Pedro de Bendia. O seu pai, Manuel Antonio Cornide Saavedra y Gayoso, casou na Coruña con Isabel Magdalena Becerra y Llamas.
 
Cornide, que herdaría do pai os títulos de señor de Mariz, Saá, Amoeiro e Cebreiro, estudou Dereito en Santiago de Compostela. Exerceu como avogado da Real Audiencia da Coruña, onde desempeñaría, entre outros, o cargo de Alcalde da Sala do Crime.
 
O 29 de outubro de 1731 casou na [[Colexiata de Santa María do Campo]] con Francisca Folgueira Bermúdez de Santiso (1692–1762), filla do seu curmán e tamén avogado Agustín Folgueira y Cornide. O único descendente, José, nacería en 1734.
 
O período de maior actividade de Cornide correspóndese coa designación en 1756 como [[Capitanía Xeneral de Galicia|Capitán Xeneral de Galicia]] de Carlos Francisco de Croix, marqués de Croix, cargo que aparellaba a Presidencia da Real Audiencia. Cornide debeu de ser un home de confianza do marqués, pois figura entre os promotores do Arquivo da Real Audiencia ou do Colexio de Avogados da Coruña. Deste último foi escollido como o seu primeiro decano en 1761. Neses anos mandou edificar a casa familiar na Cidade Vella da Coruña, coñecida como Casa Cornide.
 
O marqués de Croix foi designado vicerrei de Nueva España en 1765. Ao ano seguinte tomou posesión do cargo, levando consigo Cornide como asesor. Cornide permaneceu en México até o relevo do vicerrei en setembro de 1771. De regreso na Coruña ocupou o cargo de Alcalde Maior da Real Audiencia.