Mariña de Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Non se pode dividir administrativamente en tres comarcas xa que a comarca en Galicia non é unha división administrativa nin ten capital
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=novembro de 2016}}
{{Outros homónimos|A Mariña}}
[[Ficheiro:Fotos Galicia II 057.jpg|miniatura|300px|Punta dos Castros ([[Cangas, Foz|Cangas]], [[Foz]]), na Mariña Luguesa Central.]]
'''A''' '''Mariña luguesa''' é unha [[comarca]] natural situada ó correr do litoral de [[Provincia de Lugo|Lugo]] que abrangue 15 [[Municipio|municipios]] do norte da provincia, oito dos cales, costeiros. Fóra da propia bisbarra tamén é coñecida como '''Mariña de Lugo''' ou '''Mariña lucense'''.
 
Divídese oficialmente en tres comarcas: [[Comarca da Mariña Occidental|A Mariña Occidental]], [[Comarca da Mariña Central|A Mariña Central]] e [[Comarca da Mariña Oriental|A Mariña Oriental]].
 
En sentido oeste-leste, o territorio da Mariña lucense combina zonas montañosas, como os [[montes de Buio]], os [[montes dos Cabaleiros]], o [[monte da Frouxeira]], a [[serra da Toxiza]] e o [[Serra do Mondigo|Mondigo]], con depresións fluviais como a do [[Río Landro|río Landrove]], o val do [[Río Ouro|Ouro]], o do [[Río Masma|Masma]], ou o val de Lourenzá.
 
A súa franxa costeira, maioritariamente chaira e pouco recortada —en comparación con outras costas galegas como o [[Golfo Ártabro]] ou as [[Rías Baixas]]—, ten o seu límite oriental na [[ría de Ribadeo]], que fai de fronteira con [[Asturias]], e o límite occidental na [[ría do Barqueiro]]. Isto fai coincidir a Mariña de Lugo practicamente co litoral [[Mar Cantábrico|cantábrico]] galego, aga que se teña en conta que alén do [[Estuario|esteiro]] do [[Río Sor|Sor]] —e sen chegar aínda a [[Estaca de Bares]], onde se xuntan o Cantábrico e o Atlántico—, a beira occidental da ría do Barqueiro pertence ao concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Mañón]].
 
O límite sur póñeno accidentes xeográficos como a [[Serra do Xistral]] (que discorre polos concellos mariñaos de [[Ourol]], [[O Valadouro]] e o chairego de [[Muras]]) ou a [[serra de Lourenzá]] e mailos [[montes de Carracedo]], entre [[Mondoñedo]], [[A Pastoriza]] e [[Riotorto]].