Abreviatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Unha '''abreviatura'''<ref>{{DRAG|abreviatura}}</ref> é a representación [[escrita]] dunha ou varias [[palabra]]s mediante unha ou varias das súas [[letra]]s, a fin de que a palabra ou as palabras resulten máis curtas no [[texto]]. Créanse eliminando algunhas das letras ou [[sílaba]]s finais ou centrais.
 
Calquera escritor pode crear unha abreviatura para o seu uso particular. No entanto moitas abreviaturas teñen unha forma convencional de uso xeral. Debido a esta facultade do escritor, adoita ser unha norma de estilo que as abreviaturas particulares ou as de uso específico sexan recollidas nun glosario ao principio ou o final da obra (especialmente cando esta é extensa e ten formato de libro).