Diferenzas entre revisións de «Inside Man»

sen resumo de edición
| imdb_id = 0454848
}}
'''''Inside Man''''' é un filme [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[2006]] dirixido por [[Spike Lee]] e escrito por [[Russell Gewirtz]]. Conta a historia dun elaborado roubo en [[Wall Street]]. Está protagonizado por [[Denzel Washington]] no papel do detective Keith Frazier, un negociador da Policía de Nova York, [[Clive Owen]] como Dalton Russell, a mente mestra que orquestra o roubo, e [[Jodie Foster]] como Madeleine White, unha broker de Manhattan que se ve envolta no caso a petición do fundador do banco, Arthur Case ([[Christopher Plummer]]).
 
Gewirtz dedicou cinco días a desenvolver a premisa antes de comezar a traballar no que se convertería no guión orixinal. Logo de completar o guión en 2002, [[Imagine Entertainment]] mercouno para que fose creado por [[Universal Pictures]], con [[Ron Howard]] como director inicial. Logo de que Howard saíse do proxecto, o seu compeñeiro en Imagine, [[Brian Grazer]] comezou a buscar un novo director, contratando finalmente a Lee. A fotografía principal comezou en xuño de 2005 e rematou en agosto; a rodaxe produciuse en varias localizacións da cidade de Nova York. ''Inside Man'' estreouse en Nova York o 20 de marzo de 2006, antes de estrearse nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de marzo de 2006. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou 184,4 millóns de dólares en todo o mundo, sobre un orzamento de 45 millóns.
 
== Personaxes ==
270.650

edicións