Diferenzas entre revisións de «Arthur Wellesley, duque de Wellington»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
Aclamado como o heroe conquistador, Wellesley foi feito '''duque de Wellington''', título que aínda manteñen os seus descendentes, e polo que é coñecido na historiografía internacionalmente. Todos os títulos que lle foran outorgados recibiunos, acabada a Guerra Peninsular, de vez nunha cerimonia única. Moi logo foi designado embaixador en Francia, e despois substituíu a [[lord Castlereagh]] como primeiro plenipotenciario británico perante o [[Congreso de Viena]], no que defendeu con forza que Francia mantivese o seu lugar na estratexia de [[balanza de poder]] en [[Europa]]. O [[2 de xaneiro]] de [[1815]], o seu título de Cabaleiro de Bath foi convertido en Cabaleiro da Gran Cruz (Knight Grand Cross).
 
O [[26 de febreiro]] de [[1815]], Napoleón fugousefuxiu de Elba e retornou a Francia. Retomado o control sobre o país cara o mes de maio, enfrontouse a unha renovada alianza en contra del. Wellington deixou [[Viena]], para emprender a que sería coñecida como a [[Cen Días|Campaña de Waterloo]]. Chegouse até [[Bélxica]] para coller o mando do exército anglo-xermano e o seu aliado belga-holandés, todos colocados en paralelo ás forzas [[prusia]]nas de [[Gebhard Leberecht von Blücher|von Blücher]]. Os franceses penetraron en Bélxica, derrotando aos prusianos na [[batalla de Ligny]], e vencendo tamén na de [[Batalla de Quatre Bras|Quatre Bras]], ambas non decisivas, mais que obrigaron ao exército anglo-xermano a retirarse a liñas sobre a estrada de [[Bruxelas]], xusto ao Sur da pequena localidade de [[Waterloo, Béxica|Waterloo]]. Logo dun día enteiro de combate, coas tropas anglo-aliadas resistindo os asaltos franceses, estes ficaron ao final desconcertados pola inesperada chegada do exército prusiano de von Blücher. A [[Garda imperial]] napoleónica foi traxicamente desfeita polas descargas de fusilería dos británicos, o que provocou a derrota en desbandada das tropas francesas. O día [[22 de xuño]] de [[1815]] o Emperador abdicou outra vez, sendo trasladado polos británicos á afastada illa de [[Santa Helena]]. A [[batalla de Waterloo]] foi entón xa elevada ao rango dunha das [[quince batallas decisivas da Historia]].
 
== Últimos anos ==
48.096

edicións