Pioneiros mormóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 39:
[[Ficheiro:Zion's Camp by C.C.A. Christensen.png|300px|miniatura|Carromatos cruzando un río.]]
 
Os pioneiros viaxaron desde o Val do Lago Salgado ata a Gran Cunca usando carromatos, [[carreta]]s de man e, nalgúns casos, cargando persoalmente coas súas pertenzas. Os carromatos de [[Vaca|bois]] eran frecuentes, en particular en compañías con mellores recursos. Aínda que existen evidencias de ocasionais desvíos e atallos, a viaxe ao longo das ribeiras do [[río Platte]] e a través do [[río Sweetwater]] chegou a ser coñecida como o traxecto mormón ({{lang-en [[inglés, ''|Mormon Trail''}}).
 
Os recursos financeiros dos membros da Igrexa eran variables. Moitas das [[Familia (socioloxía)|familia]]s sufriran polas perdas das súas propiedades en [[Missouri]] e [[Illinois]]. Os fondos da igrexa eran tamén limitados, pero os líderes lograron prover os recursos para asistir o mellor posible ás familias e ás compañías no seu tránsito pioneiro. En [[outubro]] de [[1845]], mentres os Santos dos Últimos Días se preparaban para partir de [[Nauvoo]], un [[xornal]] local, o ''Nauvoo Neighbor'', imprimiu unha exhaustiva lista de provisións suxeridas para cada carreta familiar: 2 ó 3 xuntas de bois , 2 [[vaca]]s leiteiras, outros animais, [[arma]]s e [[munición]]s, 7 quilos de [[ferro]], [[polea]]s e [[corda]]s, equipo de [[pesca]], para [[granxa]]s e de [[cociña]], así como [[maquina]]ria, e polo menos 500 kg de [[fariña]] e outros [[alimento]]s. Algúns pioneiros sobreestimaron a cantidade de bens que podían cargar e, a medida que os bois se debilitaban polo exceso de peso, víanse na necesidade de alixeirar os carros descartando posesións preciosas, incluíndo coleccións {{Literatura|literarias]], utensilios e [[moble]]s. Algunhas das compañías máis numerosas estaban constituídas maiormente por persoas de menos recursos, que empuxaron as súas carretas con todas as posesións que podían cargar. Moitos destes pioneiros camiñaron a maioría do traxecto mentres as súas familias viaxaban sobre as carretas, desde [[Iowa]], unha distancia de 2.090 quilómetros.