José Raúl Capablanca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 18:
 
=== Primeiros anos ===
Naceu no Castelo do Príncipe, instalación militar da Habana colonial (provincia de [[Cuba]], [[España]]), foi o segundo fillo de José María Capablanca Fernández, oficial do [[Forzas Armadas de España|exército español]] e María Graupera Marín. Segundo o seu propio relato, Capablanca aprendeu as regras do xogo aos catro anos de idade, observando ao seu pai xogar con amigos. Contase que un día notou que don José movía o [[cabalo (xadrez)|cabalo]] dun xeito non permitido; ante a sorpresa de todos, acusouno de facer trampas e pasou a demostrarlle o que fixera.
 
Cando o neno cumpriu os cinco anos o seu pai comezou a levalo ao Club de Xadrez da Habana. Aos mellores xogadores do club foilles imposible derrotalo, dándolle vantaxe de [[dama (xadrez)|dama]]. En decembro de [[1901]], á idade de trece anos, derrotou ao campión nacional cubano [[Juan Corzo]], co resultado de 4 vitorias, 3 derrotas, e 6 [[táboas (xadrez)|táboas]] alcanzando deste xeito o título de campión de Cuba.