Diferenzas entre revisións de «Fairyland»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
 
== Información ==
Este single é orixinalmente dunha única cara, pero tanto a súa cara A como a súa cara B teñen unha grande importancia. O vídeo musical de “''Fairyland''” gravado en [[Hawaii]], que foi considerado por opolo mesmo [[Max Matsuura]] (representante de Ayumi Hamasaki) un dos vídeos musicais máis caros de toda a historia da música xaponesa, custou aproximadamente 240 millóns de yens (2 millóns de dólares) e foi dirixido por Wataru Takeishi.
 
A igual que a cara A, “''Alterna''” tivo unha promoción regular, tanto en comerciais para as cámaras dixitais de [[Panasonic]] LUMIX DMC-FX8, como co seu propio vídeo musical. O vídeo musical de “''Alterna''” trata sobre a realidade da cultura [[pop]] da actualidade, onde se trata ós artistas como simples marionetas de circo, que poden ser deixados de lado en calquera momento cando deixan de ser populares. Todo isto tomou un gran significado tras desatarse unha polémica provocada por tabloides, que comezaron a dicir que [[Avex Trax]] pensaba despedir a Ayumi do selo, porque as súas vendas estaban baixando de forma considerable, case incomparable ás explosivas vendas que acostumaba ter uns anos atrás. O mesmo Matsuura tivo que mandar unha mensaxe oficial que foi publicada na páxina de Ayumi, na que se recriminaban fortemente os tabloides polas súas mentiras, e na que se dicía que xamais deixaría de apoiar a cantante, xa que ela é a que lle deu os maiores beneficios ao selo pertencente a Avex Group Holdings.
7.541

edicións