Atamán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Entre os cosacos en Rusia e en Ucraína, refiríase ao Comandante en xefe do Exército Cosaco ou dunha unidade militar cosaca en tempos de guerra; en tempos de paz, era a autoridade civil máxima dunha rexión poboada na súa maioría por cosacos de orixe. Elixíase [[Democracia|democraticamente]] (aproximadamente desde o século X) polos integrantes dunha comunidade[[cosacos|cosaca]] por un período dun ano.
 
Podía ser destituído do seu cargo por apola unanimidade dos votos de toda a comunidade en calquera momento por non cumperir coas súas responsabilidades, abuso de poder, crimes e/ou delitos que prexudicaran á comunidade cosaca, así como reelixido por outros períodos indefinidamente. Xuridicamente un atamán non contaba con ningún tipo de impunidade ante o poder lexislativo da comunidade cosaca. Os requisitos eran: ser un cosaco nativo, maior de 18 anos e ter aptitudes, experiencia, respecto e a confianza dunha comunidade cosaca. En relación co anterior, formalmente o rango militar dun elixido para ser atamán non era un factor excluínte.
 
Tiña atribucións militares (Comandante en xefe) de todas as tropas compostas polos cosacos de orixe en tempos de guerra e/ou en misións militares especiais. En tempos de paz, a súa responsabilidade era velar polo benestar da comunidade, planificación, xestión e relacións administrativas cívicas e políticas externas e internas en representación e en beneficio dunha comunidade cosaca.