2001: Unha odisea do espazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 28:
'''''2001: Unha odisea do espazo''''' (en {{lang-en|2001: A Space Odyssey}}) é un [[filme]] [[Reino Unido|británico]]-[[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[ciencia ficción]] producido e dirixido por [[Stanley Kubrick]] que foi estreado en [[1968]]. O guión, escrito por Kubrick e [[Arthur C. Clarke]], está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "[[The Sentinel (historia)|The Sentinel]]". Posteriormente, Clarke escribiu a novela ''[[2001: A Space Odyssey (novela)|2001: A Space Odyssey]]'', que foi publicada pouco despois da estrea. Conta a historia dunha viaxe a [[Xúpiter]] coa computadora [[HAL 9000|Hal]] despois do descubrimento dun misterioso monólito negro que afecta á evolución do home. No filme trata os temas do [[existencialismo]], a [[evolución humana]], a tecnoloxía, a [[intelixencia artificial]] e a [[vida extraterrestre]]. Destaca pola súa exactitude científica na descrición dun voo espacial, polos seus efectos especiais pioneiros e pola súa ambigua imaxinería. Emprega o son e un diálogo mínimo no canto das técnicas narrativas tradicionais e a banda sonora está formada por obras da [[música clásica]] como ''[[Danubio Azul]]'' e ''[[Also sprach Zarathustra (Strauss)|Also sprach Zarathustra]]''.
 
Financiado e distribuído polo estudio estadounidense [[Metro-Goldwyn-Mayer]],<ref name="ChapmanCull2013">{{cita libro|autor1=James Chapman|autor2=Nicholas J. Cull|título=Projecting Tomorrow: Science Fiction and Popular Cinema|url=https://books.google.com/books?id=0jEIHfOErcsC&pg=PA97|data=5 de febreiro de 2013|editor=I.B.Tauris|isbn=978-1-78076-410-8|páxinas=97–}}</ref><ref name="McAleer2013">{{cita libro|nome=Neil|apelido=McAleer|título=Sir Arthur C. Clarke: Odyssey of a Visionary: A Biography|url=https://books.google.com/books?id=pU8qAAAAQBAJ&pg=PT140|data=1 de abril de 2013|editor=RosettaBooks|isbn=978-0-9848118-0-9|páxinas=140–}}</ref> ''2001: A Space Odyssey'' foi rodado e editado case na súa totalidade en Inglaterra, empregando as instalacións da subsidiaria de MGM, "MGM British" e os [[Estudios Shepperton Studios]], escollidos por apola súa maior capacidade de profundidade de son. A produción foi subcontratada á produtora de Kubrick e tívose en conta que o filme fose suficientemente británico para que tivese dereito de subvención de [[Eady Levy]].<ref name="ChapmanCull2013"/>{{rp|98}} Tendo rodado outros dous filmes en Inglaterra, despois de ''2001: A Space Odyssey'', Kubrick decidiu asentarse alí permanentemente para as súas rodaxes.
 
Foi estreada en galego pola [[Televisión de Galicia]] o 9 de maio de 2009.<ref>''La Voz de Galicia'', 9 de maio de 2009. Páx. 63</ref>