Literatura galega do período intersecular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
Por outra parte, en [[1889]], publícarase o primeiro "''best seller''" da prosa galega, o ''Catecismo da Doutrina Labrega Composto polo R. P. M. Fr. Marcos da Portela, Doutor en Teoloxía Campestre'' de [[Valentín Lamas Carvajal]], popularmente coñecido como ''O Catecismo do Labrego''. Trátase dunha obra que, reproducindo a estrutura do ''Catecismo da Doutrina Católoca'' (é dicir, a estrutura de pregunta-resposta), critica o caciquismo e os males dos labregos. Aínda así, non podemos pensar (a pesar do título e da forma) que se trata dunha obra anticlerical (o catolicismo de Lamas impedíao), senón que, con ''O Catecismo do Labrego'', Lamas Carvajal pretendeu denunciar as penurias do rural galego a través dun sistema coñecido por todos os posíbeis lectores. É dicir, naquela época todo o mundo (letrados e analfabetos) coñecía e sabía de memoria o Catecismo.
 
A partir da década de 1890, van aparecendo textos interesantes para a literatura galega, posto que presentan unha certa diversificación temática. Neste decenio vai xurdir a novela histórica galega, da man do coengo [[Antonio López Ferreiro]], autor de ''A Tecedeira de Bonaval'' ([[1895]]), ''O Castelo de Pambre'' ([[1895]]) e ''Niño de Pombas'' ([[1905]]). Andando o tempo, acharemos novelas de carácter costumista, como ''¡A Besta!''([[1899]]) de [[Patricio Delgado Luaces]] ([[Patricio Delgado Luaces|Xan de Masma]]) ou ''A Cruz de Salgueiro'' ([[1915]]), de [[Xesús Rodríguez López]] ou os contos de ''Néveda'' (publicados en [[1920]]), de [[Francisca Herrera Garrido]]. O naturalismo si aparecerá plenamente nos contos naturalistas de ''Pé das Burgas'' ([[1904]]), do andaluz [[Francisco Álvarez de Nóvoa]]. A novela de temática amorosa, iniaciada por [[Marcial Valladares Núñez]] con ''Maxina ou a Filla Espúrea'', vai ser continuada por [[Aurelio Ribalta]] en ''O Pastor de Dona Silvia'' e ''O Derradeiro Amore''.
 
Finalmente, autores como [[Henrique Labarta Pose]], [[Heraclio Pérez Placer]] ou [[Valentín Lamas Carvajal]], escribirán obras contísticas nas que se presente, en clave humorística, a máis chocalleira da realidade galega, unida por veces á defensa do labrego do país.