Diferenzas entre revisións de «McDonnell Douglas DC-9»

 
 
=== Orixes ===
Durante os anos 50 Douglas Aircraft estudou un avión de pasaxeiros de curto a medio alcance para complementar ao seu avión de máis capacidade e alcance [[DC-8]]. Estudouse o catrimotor de medio alcance Model 2067 pero non recibiu o suficiente interese por parte das aeroliñas, polo que foi abandonado. En 1960 Douglas asinou un contrato de dous anos con [[Sud Aviation]] para cooperación técnica. Douglas comercializaría e apoiaría o [[Sud Aviation Caravelle]] e fabricaría unha versión baixo licenza se as aeroliñas mercaban grandes números do aparello. Non foi pedido ningún e Douglas regresou aos seus estudos de deseño despois de que o contrato rematase.<ref name=":0">{{Cita libro|título=McDonnell Douglas DC-9/MD-80 & MD-90|url=https://www.worldcat.org/oclc/24753851|editorial=Ian Allan|data=1991|lugar=LondonLondres|ISBN=0-7110-1958-4|OCLC=24753851|apelidos=Endres, Günter G., 1942-|nome=|ano=|ref=}}</ref>
 
A primeira versión dos estudos sentaba a 63 pasaxeiros e tiña un peso de 31 300 kg. Este deseño cambiou para converterse na variante inicial do DC-9. Douglas aprobou producir o DC-9 o 8 de abril de 1963. A diferenza do seu competidor e máis grande trirreactor [[Boeing 727]], que usou tantos compoñentes do [[Boeing 707|707]] como puido, o DC-9 era un deseño totalmente novo. O DC-9 tiña dous turboventiladores [[Pratt & Whitney JT8D]] montados na cola, ás eficientes e relativamente pequenas, e unha cola en T.<ref name=":1">{{Cita libro|título=Douglas jetliners|url=https://www.worldcat.org/oclc/40444526|editorial=MBI|data=1999|lugar=Osceola, WI|ISBN=0-7603-0676-1|OCLC=40444526|apelidos=Norris, Guy.|nome=|ano=|ref=}}</ref> A [[FAA]] limitou o seu peso de engalaxe a 36 300 kg para unha tripulación de voo de dúas persoas polas regulacións do seu tempo.<ref name=":0" /> A súa cabina de pasaxe tiña filas de cinco asentos que podían sentar entre 80 e 135 pasaxeiros dependendo da versión e da configuración.
 
O DC-9 deseñouse para rutas curtas e medias, para operar en pequenos aeroportos con pistas curtas e menor estrutura en terra que os grandes aeroportos servidos polos máis grandes Boeing 707 e Douglas DC-8. Buscouse a accesibilidade e características para operar en pistas curtas. Os tempos entre voo e voo simplificáronse con escaleiras incorporadas no avión, incluída unha na cola, que acurtaban os tempos de embarque e desembarque.
 
O problema de [[Entrada en perda|perda]] profunda, revelado polo accidente do prototipo do BAC One-Eleven en [[1963]], solucionouse con varios cambios, incluída a introdución de vortilóns, pequenas superficies debaixo do bordo de ataque das ás usados para controlar o fluxo de aire e incrementar a sustentación a baixa velocidade.<ref>"The DC-9 and the Deep Stall". ''Flight International'': 442. 25 de marzo de 1965</ref>
 
=== Produción ===
O primeiro modelo de produción do DC-9 fixo o seu voo de estrea o [[25 de febreiro]] de [[1965]].<ref name=":2">''Air International'', xuño de 1980, p. 293</ref> O segundo DC-9 voou poucas semanas despois<ref name=":1" /> e no mes de xullo dese ano a compañía tiña unha frota de cinco avións de proba. Isto permitíulle á serie 10 inicial conseguir a certificación o 23 de novembro de 1965, e entrar en servizo con [[Delta Air Lines]] o [[8 de decembro]].<ref name=":2" /> Dende un principio pensouse en que o DC-9 estivese dispoñible en varias versións para satisfacer as distintas demandas dos clientes.<ref>''Air International'', xuño de 1980, p. 292</ref> A primeira versión alongada, a serie 30, cunha fuselaxe e unha á máis longa, voou o 1 de agosto de 1966 e entrou en servizo con [[Eastern Air Lines]] en 1967.<ref name=":2" /> A serie inicial foi seguida polas melloradas series initial 20, 30 e 40. O derradeira versión foi a DC-9-50, que voou por primeira vez en 1974.<ref name=":1" />
 
O DC-9 foi un éxito comercial, fabricándose un total de 976 unidades ata que a súa produción rematou en 1982.<ref name=":2" />
 
== Notas ==
64.014

edicións