Mauricio Pinilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazón externa movida a control de autoridades
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 108:
Formouse nas categorías inferiores do [[Club Universidad de Chile]], debutando co primeiro equipo no ano [[2002]] e anotando 20 goles nos 39 encontros disputados. Esta gran actuación fai que o fiche o [[Inter de Milán]], aínda que sería cedido ao [[Chievo Verona]], onde non tivo moita continuidade polo que foi cedido de novo no mercado invernal ao [[Celta de Vigo]] que buscaba evitar o descenso a [[Segunda División Española|Segunda División]], obxectivo que non acadou. O seu inicio en [[Vigo]] foi prometedor, anotando dous goles ante o [[Deportivo Alavés]] na [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]], porén sería os únicos goles que anotaría, rematando a tempada apartado do equipo. Pese a todo chegaría a debutar na [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] co equipo [[Galiza|galego]].
 
Ao ano seguinte foi traspasado ao [[Sporting de Lisboa]], de onde saiusaíu cedido a causa do baixo rendemento, esta vez ao [[Racing de Santander]]. En [[2006]] foi fichado polo [[Heart of Midlothian FC]] [[Escocia|escocés]], por enésima vez non tivo a continuidade necesaria polo que foi cedido ao seu club de orixe, o [[Club Universidad de Chile]], onde tampouco deu o rendemento esperado.
 
No ano [[2008]] fichou polo [[CR Vasco da Gama]] [[brasil]]eiro, equipo que rematou perdendo a categoría a final de tempada. Ao ano seguinte fichou polo [[Apolon Limassol]] [[Chipre|chipriota]], onde remataría contrato sen ter ofertas doutros clubs.