Danza contemporánea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m Na tradución do ES ao GL cambiei o texto "os últimos 50 anos" por "finais do século XX inicios do XXI"
Liña 12:
 
A danza contemporánea pode falar dun [[concepto]], propoñer un ambiente ou presentar movementos co propósito de conseguir unha [[estética]] determinada, non sempre ten que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos xa existentes e sempre codificados mentres que a danza contemporánea busca a innovación e a creación de novas formas de movemento de acordo coas necesidades do coreógrafo ou o intérprete. A danza clásica busca o preciosismo, o estruturado e perfecto, a conexión co etéreo, co celestial; máis ben está ligada ao concepto do [[apolíneo]]. A danza contemporánea busca a conexión co terreal, co humano e as súas paixóns, a non estrutura, a transgresión; está ligada ao concepto do [[dionisíaco]].
 
O coreógrafo adoita tomar as decisións creativas. El ou ela escolle se a peza terá un carácter abstracto ou narrativo. Os bailaríns son seleccionados en función da súa habilidade e adestramento. A coreografía é determinada baseándose na súa relación coa música ou os sons cos que se baila. O papel da música en danza contemporánea é diferente ao doutros xéneros porque pode servir de fondo para a peza. O coreógrafo supervisa a elección do [[vestiario]] e o seu valor estético para a composición xeral da actuación e tamén para ver como inflúe nos movementos dos bailaríns.
 
A danza como as outras artes tivo grandes cambios estéticos durante toda a súa historia. Entre finais do [[século XX]] e principios do [[Século XXI|XXI]] a investigación e a procura continua das novas formas de expresión conduciu a danza por diferentes camiños cara á perfección técnica e artística. Influída polos cambios da vida social e política e tamén doutras artes, a danza cambiou a súa forma de ser, a súa estética e a súa percepción.<ref>{{Cita libro|apelidos=Chircovski|nome=Boris|título=Danza contemporánea: Técnica y creatividad|editorial=Universidad de Alicante|idioma=es}}</ref>
 
== Escola americana ==