Mulleres nas Matemáticas da Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Personaxes destacados da época: Cambio do título da sección
Liña 7:
A maior parte das persoas dedicadas á ciencia en Europa durante a Idade Media, tanto homes como mulleres, pertencían a comunidades relixiosas, o que dificulta rastrexar os itinerarios científicos das mulleres nesta época na que moitas delas refuxiáronse nos conventos. Durante este tempo tiveron lugar varias reformas dentro da Igrexa que afectaron á vida nos conventos: Reforma de Cluny (910), Cisma de Oriente (1054), inicio de As Cruzadas (1095), reforma do Císter e Reforma Gregoriana (s. XI) foron algunhas delas. E nesta época convulsa, entre os séculos X e XII, atopamos a dúas mulleres excepcionais: Rosvita von Gandersheim -que escribiu ''Hortus deliciarum'', O Xardín das delicias, compendio de tódolos saberes da época-, e Hildegarda de Bingen -autora de varias obras científicas entre as que se atopa ''Subtilitates diversaron naturarum creaturarum'', Sutilezas da diversa natureza das cousas creadas- obra que converteu a súa autora na sabia máis impresionante da Idade Media-; ambas chegaron a ser abadesas e foron moi influíntes dentro da Igrexa. Trala morte de Hildegarda de Bingen, as portas dos conventos pecháronse moito máis firmemente. A bula Periculoso do papa Bonifacio VIII (1298) prohibiu ás monxas saír de seus conventos e restrinxiu a súa autonomía dentro deles, facendo que incluso quen os dirixían, como as abadesas, tiveran portavoces masculinos. Os séculos XII e XIII foron testigos da idade da escolástica e o xurdimento das universidades fundadas pola Igrexa católica, das que quedaron excluídas as mulleres. A natureza da investigación científica empezaba a cambiar. As profesións necesitaban unha educación universitaria, e en todas partes, a excepción de Italia, as universidades estaban vedadas ás mulleres. A pesar delo, moitas mulleres seguiron exercendo a súa profesión ata que durante os séculos XIV e XV pasaron a considerarse charlatanas e bruxas, pasando a caer todo o peso da Inquisición sobre moitas delas. O camiño fíxose aínda máis tortuoso para as mulleres estudosas, que comezaron unha loita para ser admitidas nas universidades, que se prolongou en moitos lugares ata mediados do século XX.<ref name=":0" />
 
== PersonaxesPersonalidades destacados dadesta época ==
* [[Ficheiro:Hildegard-Skulptur.jpg|alt=Hildegard von Bingen|miniatura|353x353px|'''[[Hildegard von Bingen]]''']]'''[[Hrosvitha de Gandersheim|Roswitha von Gandersheim]]''' (935 − 1000) Tamén coñecida como Hroswitha de Gandersheim, foi unha canonesa alemá<ref>{{Cita web|título=Escritora de la virtud, Hroswitha de Gandersheim (935-1002)|url=https://www.mujeresenlahistoria.com/2011/03/escritora-de-la-virtud-hroswitha-de.html|data-acceso=2020-10-25}}</ref>​​ gran aficionada á astronomía. Mantivo que o Sol era o centro do sistema planetario e que a terra xiraba o seu arredor empuxada por unha forza, adheíndose así á [[teoría heliocéntrica]] de [[Aristarco de Samos]] (s. III a.n.e.) que tamén fora seguida por Hypatia. Físoxe famosa polas súas pequenas pezas de teatro, baseadas xeralmente en lendas de santos.<ref>{{Cita libro|título=Rosvita de Gandersheim. Obra dramática|url=https://www.academia.edu/7943571/Rosvita_de_Gandersheim_Obra_dram%C3%A1tica|lingua=en|nome=José C.|apelidos=Santos-Paz}}</ref> Bona coñecedora da ''Arithmetica'' de [[Anicio Boecio|Boecio]] (480-524), tamén aproveitaba estas obras para desenvolver a súa formación en aritmética; como en ''Sapientia'', na que para indagar as edades das tres Virtudes Teologais realiza unha disertación sobre os [[números deficientes]] e [[Números abundantes|abundantes]].<ref>{{Cita web|título=Mujeres y Matemáticas - PDF Descargar libre|url=https://docplayer.es/17351157-Mujeres-y-matematicas.html|páxina-web=docplayer.es|data-acceso=2020-10-25}}</ref>
* '''[[Fátima de Madrid]] (s. X-XI)''' Astrónoma madrileña,<ref>{{Cita web|título=Biografía de Fátima de Madrid, astrónomas, astronomía|url=https://www.astrojem.com/mujeres/fatimademadrid.html|páxina-web=www.astrojem.com|data-acceso=2020-10-25|nome=Dynamic|apelidos=Droides}}</ref> ​ escribiu notables traballos sobre astronomía. Estes traballos a fixeron célebre a finais do século X, na Aljama de Madrid, onde eran coñecidos como C''orrecciones de Fátima.'' Tamén axudou a seu pai -o astrónomo Mosama-ben-Ahmed el-Mageritti (''El madrileño'' )-, na redacción de varias obras, entre outras, o ''Tratado sobre o Astrolabio'' , que se conserva no Mosterio do El Escorial.<ref>{{Cita web|título=Fatima de Madrid|url=http://www.historiamujeres.es/vidas/fatima_de_madrid.html|páxina-web=www.historiamujeres.es|data-acceso=2020-10-25}}</ref>