Mulleres nas Matemáticas da Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Arranxos na estrutura
Liña 1:
Ao longo da historia centenares de [[Muller|mulleres]] tiveron que loitar para abrirse paso no campo das ciencias, unha contorna tradicionalmente masculina e vetada para elas. A contribución destas mulleres tivo un gran impacto no desenvolvemento das [[matemáticas]].<ref>{{Cita web|título=Matemáticas que han revolucionado la historia|url=https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20190312/461000579675/mujeres-matematicas-historia-ciencia.html|páxina-web=La Vanguardia|data=2019-03-13|data-acceso=2020-10-28|lingua=es}}</ref> [[Ficheiro:Woman teaching geometry.jpg|alt=Muller ensinando xeometría. Detalle dunha ilustración medieval|miniatura|Muller ensinando xeometría.]]
 
Coa caída do Imperio Romano de occidente, os principios do cristianismo pasaron a dirixir tódolos aspectos da sociedade e a Igrexa pasou ser o faro que dirixía a vida, tanto de nobles como de plebeos.<ref name=":30">{{Cita libro|título=Sabias|apelidos=Muñoz Páez|nome=Adela|editorial=Penguin Randon House|ano=2016|ISBN=978-84-9992-702-2|ref=}}</ref> O poder político trasladu a Bizancio, onde houbo varias mulleres no poder que tiveron intereses científicos. En China tamén houbo mulleres traballando en ciencia aplicada -que foi a que floreceu nesa época- que fixeron avanzar a ciencia e a tecnoloxía. Co xurdimento do Islam as traducións de antigas obras gregas pasaron a formar parte dos cementos da ciencia árabe. Na escola de medicina de Bagdad había mulleres e seguíanse as ensinanzas de María a Hebrea.<ref name=":41">{{Cita libro|título=El legado de Hipatia. Historia de las mujeres en la ciencia desde la Antigüedad hasta fines del siglo XIX|apelidos=Alic|nome=Margaret|editorial=Siglo XXI editores, s.a.|ano=1991|ISBN=968-23-1682-0|ref=}}</ref> Pero ao igual que en outras culturas, as eruditas musulmás non aparecen nos libros de historia, aínda que si hai testemuñas delas nos contos de As mil e unha noites.<ref>{{Cita web|título=La sabia esclava de las Mil y una noches: Tawaddud y sus avatares|url=https://www.alandalusylahistoria.com/?p=1867|páxina-web=Al-Andalus y la Historia|data=2020-04-09|data-acceso=2020-11-13|lingua=es|nome=Maribel|apelidos=Fierro}}</ref> O imperio musulmán era neses tempos portador dunha cultura diversa e tolerante, conservou e ampliou os coñecementos da ciencia clásica á que uniu parte das culturas orientais, como a india, que posteriormente introduxo en Europa, grazas a o cal temos o sistema de numeración posicional/decimal, sistema Indo-Arábico,<ref>{{Cita web|título=Los musulmanes y sus contribuciones a la ciencia|url=https://funci.org/los-musulmanes-y-sus-contribuciones-a-la-ciencia/|páxina-web=FUNCI - Fundación de Cultura Islámica|data=2019-11-18|data-acceso=2020-11-13|lingua=es-ES|apelidos=FUNCI}}</ref> que sustituiu ao engorroso sistema de numeración romano que tanto tiña complicado o cálculo na antigüidade. A chegada dos árabes a Europa a través de España levou á creación do Califato de Córdoba (929-1031), que foi considerado como o período de maior esplendor político, económico, científico, artístico e cultural; converténdose en lugar de encontro de literatos, filósofos, teólogos e científicos de diversas relixións e culturas. A esta época pertence Fátima de Madrid, que traballou en Astronomía e Matemáticas.<ref>{{Cita web|título=MUJERES QUE HACEN LA HISTORIA - BREVES BIOGRAFIAS: Siglos IX al XII - Fátima de Madrid|url=https://mujeresquehacenlahistoria.blogspot.com/2011/11/siglos-ix-al-xii-fatima-de-madrid.html|páxina-web=MUJERES QUE HACEN LA HISTORIA - BREVES BIOGRAFIAS|data=2011-11-05|data-acceso=2020-11-13|apelidos=Ilecara}}</ref>
 
En Europa, a medicina era case que a única saída para os intereses científicos das mulleres na Alta Edad Media. A finais do século VIII xorde o renacemento carolinxio que promoveu o estabrecemento de escolas abaciais en todo o Sacro Imperio Romano, o que produciu un rápido florecemento da vida monástica e que por primeira vez algunhas nenas tiveran acceso a uns rudimentos de educación escolar.<ref>{{Cita libro|título=Mujeres matemáticas. Las grandes desconocidas|apelidos=Verdejo Rodríguez|nome=Amelia|editorial=Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo|ano=2017|ISBN=978-84-8158-733-3|ref=}}</ref> A finais do século IX empezan a aparecer en Italia institucións dedicadas á instrución superior, creadas á marxe da Igrexa, e nas que tiveron cabida tanto homes como mulleres. Aínda que a mayoría das italiás de clase alta eran nese momento analfabetas, estas primeiras "universidades" de Italia estaban abertas ás mulleres e a súa presenza nelas non era so como estudantes, senón que tamén estiveron como profesoras. Quizais a máis importante de todas elas fora a Escola Salernitana -considerada a primeira universidade europea- na que destacaron numerosas profesionais da medicina e a cirurxía coñecidas como as "damas de Salerno", entre as que destacou Trótura, unha das científicas máis famosas da Idade Media.<ref name=":41" />
[[Ficheiro:Roswitha of Gandersheim.jpg|alt=Roswitha von Gandersheim|esquerda|miniatura|'''[[Hrosvitha de Gandersheim|Roswitha von Gandersheim]]''']]
A maior parte das persoas dedicadas á ciencia en Europa durante a Idade Media, tanto homes como mulleres, pertencían a comunidades relixiosas, o que dificulta rastrexar os itinerarios científicos das mulleres nesta época na que moitas delas refuxiáronse nos conventos. Durante este tempo tiveron lugar varias reformas dentro da Igrexa que afectaron á vida nos conventos: Reforma de Cluny (910), Cisma de Oriente (1054), inicio de As Cruzadas (1095), reforma do Císter e Reforma Gregoriana (s. XI) foron algunhas delas. E nesta época convulsa, entre os séculos X e XII, atopamos a dúas mulleres excepcionais: Rosvita von Gandersheim -que escribiu ''Hortus deliciarum'', O Xardín das delicias, compendio de tódolos saberes da época-, e Hildegarda de Bingen -autora de varias obras científicas entre as que se atopa ''Subtilitates diversaron naturarum creaturarum'', Sutilezas da diversa natureza das cousas creadas- obra que converteu a súa autora na sabia máis impresionante da Idade Media-; ambas chegaron a ser abadesas e foron moi influíntes dentro da Igrexa. Trala morte de Hildegarda de Bingen, as portas dos conventos pecháronse moito máis firmemente. A bula Periculoso do papa Bonifacio VIII (1298) prohibiu ás monxas saír de seus conventos e restrinxiu a súa autonomía dentro deles, facendo que incluso quen os dirixían, como as abadesas, tiveran portavoces masculinos. Os séculos XII e XIII foron testigos da idade da escolástica e o xurdimento das universidades fundadas pola Igrexa católica, das que quedaron excluídas as mulleres. A natureza da investigación científica empezaba a cambiar. As profesións necesitaban unha educación universitaria, e en todas partes, a excepción de Italia, as universidades estaban vedadas ás mulleres. A pesar delo, moitas mulleres seguiron exercendo a súa profesión ata que durante os séculos XIV e XV pasaron a considerarse charlatanas e bruxas, pasando a caer todo o peso da Inquisición sobre moitas delas. O camiño fíxose aínda máis tortuoso para as mulleres estudosas, que comezaron unha loita para ser admitidas nas universidades, que se prolongou en moitos lugares ata mediados do século XX.<ref name=":30" />
 
== Personaxes destacados da época ==
* [[Ficheiro:Hildegard-Skulptur.jpg|alt=Hildegard von Bingen|miniatura|353x353px|'''[[Hildegard von Bingen]]''']]'''[[Hrosvitha de Gandersheim|Roswitha von Gandersheim]]''' (935 − 1000) Tamén coñecida como Hroswitha de Gandersheim, foi unha canonesa alemá<ref>{{Cita web|título=Escritora de la virtud, Hroswitha de Gandersheim (935-1002)|url=https://www.mujeresenlahistoria.com/2011/03/escritora-de-la-virtud-hroswitha-de.html|data-acceso=2020-10-25}}</ref>​​ gran aficionada á astronomía. Mantivo que o Sol era o centro do sistema planetario e que a terra xiraba o seu arredor empuxada por unha forza, adheíndose así á [[teoría heliocéntrica]] de [[Aristarco de Samos]] (s. III a.n.e.) que tamén fora seguida por Hypatia. Físoxe famosa polas súas pequenas pezas de teatro, baseadas xeralmente en lendas de santos.<ref>{{Cita libro|título=Rosvita de Gandersheim. Obra dramática|url=https://www.academia.edu/7943571/Rosvita_de_Gandersheim_Obra_dram%C3%A1tica|lingua=en|nome=José C.|apelidos=Santos-Paz}}</ref> Bona coñecedora da ''Arithmetica'' de [[Anicio Boecio|Boecio]] (480-524), tamén aproveitaba estas obras para desenvolver a súa formación en aritmética; como en ''Sapientia'', na que para indagar as edades das tres Virtudes Teologais realiza unha disertación sobre os [[números deficientes]] e [[Números abundantes|abundantes]].<ref>{{Cita web|título=Mujeres y Matemáticas - PDF Descargar libre|url=https://docplayer.es/17351157-Mujeres-y-matematicas.html|páxina-web=docplayer.es|data-acceso=2020-10-25}}</ref>
* '''[[Fátima de Madrid]] (s. X-XI)''' Astrónoma madrileña,<ref>{{Cita web|título=Biografía de Fátima de Madrid, astrónomas, astronomía|url=https://www.astrojem.com/mujeres/fatimademadrid.html|páxina-web=www.astrojem.com|data-acceso=2020-10-25|nome=Dynamic|apelidos=Droides}}</ref> ​ escribiu notables traballos sobre astronomía. Estes traballos a fixeron célebre a finais do século X, na Aljama de Madrid, onde eran coñecidos como C''orrecciones de Fátima.'' Tamén axudou a seu pai -o astrónomo Mosama-ben-Ahmed el-Mageritti (''El madrileño'' )-, na redacción de varias obras, entre outras, o ''Tratado sobre o Astrolabio'' , que se conserva no Mosterio do El Escorial.<ref>{{Cita web|título=Fatima de Madrid|url=http://www.historiamujeres.es/vidas/fatima_de_madrid.html|páxina-web=www.historiamujeres.es|data-acceso=2020-10-25}}</ref>
* '''[[Hildegard von Bingen]]''' (1098-1179) nada en Bermersheim, Alemaña, foi unha abadesa polifacética -médica, filósofa, naturalista, compositora, poeta e tamén lingüista- moi singular pola súa notable influencia e por ser unha das científicas máis importantes do século XII.​<ref>{{Cita web|título=Una sorprendente estudiosa del siglo XII: Hildegard von Bingen Vidas científicas|url=https://mujeresconciencia.com/2015/06/29/una-sorprendente-estudiosa-del-siglo-xii-hildegard-von-bingen/|páxina-web=Mujeres con ciencia|data=2015-06-29|data-acceso=2020-10-25|lingua=es}}</ref> Ten unha importante obra científica, centrada fundamentalmente nos seus estudos de historia natural e medicina, pero na que tamén recolle a súa visión cosmolóxica do universo. Grazas a ela pasaron ao século XII moitas das ideas cosmolóxgicas das tradicións grega e judeo-cristiá. A súa cosmoloxía ten unha gran originalidade, ve unha Terra esférica envolta en cascarones celestiais concéntricos que inflúen nos acontecementos terrestres. No diagrama que acompaña a esta visión, Hildegard coloca ao este na parte superior e o norte á esquerda, con unha elongación do eixo este-oeste. Así pois, as zonas exteriores teñen forma ovoide, cando a maioría de cosmólogos da época concibían un universo totalmente esférico, seguindo o diseño dos antigos.<ref>{{Cita nameweb|url="http:0"//fundacionorotava.org/media/web/files/page103__mujeres_web.pdf|título=Mujeres astrónomas y matemáticas en la antigüedad|data-acceso=23/12/2020}}</ref>
 
== Notas ==