Mulleres nas Matemáticas da Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Iniciar a páxina
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de decembro de 2020 ás 11:59

Ao longo da historia centenares de mulleres tiveron que loitar para abrirse paso no campo das ciencias, unha contorna tradicionalmente masculina e vetada para elas. A contribución destas mulleres tivo un gran impacto no desenvolvemento das matemáticas.[1]

Muller ensinando xeometría. Detalle dunha ilustración medieval
Muller ensinando xeometría.

Coa caída do Imperio Romano de occidente, os principios do cristianismo pasaron a dirixir tódolos aspectos da sociedade e a Igrexa pasou ser o faro que dirixía a vida, tanto de nobles como de plebeos.[2] O poder político trasladu a Bizancio, onde houbo varias mulleres no poder que tiveron intereses científicos. En China tamén houbo mulleres traballando en ciencia aplicada -que foi a que floreceu nesa época- que fixeron avanzar a ciencia e a tecnoloxía. Co xurdimento do Islam as traducións de antigas obras gregas pasaron a formar parte dos cementos da ciencia árabe. Na escola de medicina de Bagdad había mulleres e seguíanse as ensinanzas de María a Hebrea.[3] Pero ao igual que en outras culturas, as eruditas musulmás non aparecen nos libros de historia, aínda que si hai testemuñas delas nos contos de As mil e unha noites.[4] O imperio musulmán era neses tempos portador dunha cultura diversa e tolerante, conservou e ampliou os coñecementos da ciencia clásica á que uniu parte das culturas orientais, como a india, que posteriormente introduxo en Europa, grazas a o cal temos o sistema de numeración posicional/decimal, sistema Indo-Arábico,[5] que sustituiu ao engorroso sistema de numeración romano que tanto tiña complicado o cálculo na antigüidade. A chegada dos árabes a Europa a través de España levou á creación do Califato de Córdoba (929-1031), que foi considerado como o período de maior esplendor político, económico, científico, artístico e cultural; converténdose en lugar de encontro de literatos, filósofos, teólogos e científicos de diversas relixións e culturas. A esta época pertence Fátima de Madrid, que traballou en Astronomía e Matemáticas.[6]

En Europa, a medicina era case que a única saída para os intereses científicos das mulleres na Alta Edad Media. A finais do século VIII xorde o renacemento carolinxio que promoveu o estabrecemento de escolas abaciais en todo o Sacro Imperio Romano, o que produciu un rápido florecemento da vida monástica e que por primeira vez algunhas nenas tiveran acceso a uns rudimentos de educación escolar.[7] A finais do século IX empezan a aparecer en Italia institucións dedicadas á instrución superior, creadas á marxe da Igrexa, e nas que tiveron cabida tanto homes como mulleres. Aínda que a mayoría das italiás de clase alta eran nese momento analfabetas, estas primeiras "universidades" de Italia estaban abertas ás mulleres e a súa presenza nelas non era so como estudantes, senón que tamén estiveron como profesoras. Quizais a máis importante de todas elas fora a Escola Salernitana -considerada a primeira universidade europea- na que destacaron numerosas profesionais da medicina e a cirurxía coñecidas como as "damas de Salerno", entre as que destacou Trótura, unha das científicas máis famosas da Idade Media.[3]

Roswitha von Gandersheim
Roswitha von Gandersheim

A maior parte das persoas dedicadas á ciencia en Europa durante a Idade Media, tanto homes como mulleres, pertencían a comunidades relixiosas, o que dificulta rastrexar os itinerarios científicos das mulleres nesta época na que moitas delas refuxiáronse nos conventos. Durante este tempo tiveron lugar varias reformas dentro da Igrexa que afectaron á vida nos conventos: Reforma de Cluny (910), Cisma de Oriente (1054), inicio de As Cruzadas (1095), reforma do Císter e Reforma Gregoriana (s. XI) foron algunhas delas. E nesta época convulsa, entre os séculos X e XII, atopamos a dúas mulleres excepcionais: Rosvita von Gandersheim -que escribiu Hortus deliciarum, O Xardín das delicias, compendio de tódolos saberes da época-, e Hildegarda de Bingen -autora de varias obras científicas entre as que se atopa Subtilitates diversaron naturarum creaturarum, Sutilezas da diversa natureza das cousas creadas- obra que converteu a súa autora na sabia máis impresionante da Idade Media-; ambas chegaron a ser abadesas e foron moi influíntes dentro da Igrexa. Trala morte de Hildegarda de Bingen, as portas dos conventos pecháronse moito máis firmemente. A bula Periculoso do papa Bonifacio VIII (1298) prohibiu ás monxas saír de seus conventos e restrinxiu a súa autonomía dentro deles, facendo que incluso quen os dirixían, como as abadesas, tiveran portavoces masculinos. Os séculos XII e XIII foron testigos da idade da escolástica e o xurdimento das universidades fundadas pola Igrexa católica, das que quedaron excluídas as mulleres. A natureza da investigación científica empezaba a cambiar. As profesións necesitaban unha educación universitaria, e en todas partes, a excepción de Italia, as universidades estaban vedadas ás mulleres. A pesar delo, moitas mulleres seguiron exercendo a súa profesión ata que durante os séculos XIV e XV pasaron a considerarse charlatanas e bruxas, pasando a caer todo o peso da Inquisición sobre moitas delas. O camiño fíxose aínda máis tortuoso para as mulleres estudosas, que comezaron unha loita para ser admitidas nas universidades, que se prolongou en moitos lugares ata mediados do século XX.[2]

  • Hildegard von Bingen
    Hildegard von Bingen
    Roswitha von Gandersheim (935 − 1000) Tamén coñecida como Hroswitha de Gandersheim, foi unha canonesa alemá[8]​​ gran aficionada á astronomía. Mantivo que o Sol era o centro do sistema planetario e que a terra xiraba o seu arredor empuxada por unha forza, adheíndose así á teoría heliocéntrica de Aristarco de Samos (s. III a.n.e.) que tamén fora seguida por Hypatia. Físoxe famosa polas súas pequenas pezas de teatro, baseadas xeralmente en lendas de santos.[9] Bona coñecedora da Arithmetica de Boecio (480-524), tamén aproveitaba estas obras para desenvolver a súa formación en aritmética; como en Sapientia, na que para indagar as edades das tres Virtudes Teologais realiza unha disertación sobre os números deficientes e abundantes.[10]
  • Fátima de Madrid (s. X-XI) Astrónoma madrileña,[11] ​ escribiu notables traballos sobre astronomía. Estes traballos a fixeron célebre a finais do século X, na Aljama de Madrid, onde eran coñecidos como Correcciones de Fátima. Tamén axudou a seu pai -o astrónomo Mosama-ben-Ahmed el-Mageritti (El madrileño )-, na redacción de varias obras, entre outras, o Tratado sobre o Astrolabio , que se conserva no Mosterio do El Escorial.[12]
  • Hildegard von Bingen (1098-1179) nada en Bermersheim, Alemaña, foi unha abadesa polifacética -médica, filósofa, naturalista, compositora, poeta e tamén lingüista- moi singular pola súa notable influencia e por ser unha das científicas máis importantes do século XII.​[13] Ten unha importante obra científica, centrada fundamentalmente nos seus estudos de historia natural e medicina, pero na que tamén recolle a súa visión cosmolóxica do universo. Grazas a ela pasaron ao século XII moitas das ideas cosmolóxgicas das tradicións grega e judeo-cristiá. A súa cosmoloxía ten unha gran originalidade, ve unha Terra esférica envolta en cascarones celestiais concéntricos que inflúen nos acontecementos terrestres. No diagrama que acompaña a esta visión, Hildegard coloca ao este na parte superior e o norte á esquerda, con unha elongación do eixo este-oeste. Así pois, as zonas exteriores teñen forma ovoide, cando a maioría de cosmólogos da época concibían un universo totalmente esférico, seguindo o diseño dos antigos.[14]
  1. "Matemáticas que han revolucionado la historia". La Vanguardia (en castelán). 2019-03-13. Consultado o 2020-10-28. 
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :3
  3. 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :4
  4. Fierro, Maribel (2020-04-09). "La sabia esclava de las Mil y una noches: Tawaddud y sus avatares". Al-Andalus y la Historia (en castelán). Consultado o 2020-11-13. 
  5. FUNCI (2019-11-18). "Los musulmanes y sus contribuciones a la ciencia". FUNCI - Fundación de Cultura Islámica (en castelán). Consultado o 2020-11-13. 
  6. Ilecara (2011-11-05). "MUJERES QUE HACEN LA HISTORIA - BREVES BIOGRAFIAS: Siglos IX al XII - Fátima de Madrid". MUJERES QUE HACEN LA HISTORIA - BREVES BIOGRAFIAS. Consultado o 2020-11-13. 
  7. Verdejo Rodríguez, Amelia (2017). Mujeres matemáticas. Las grandes desconocidas. Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-733-3. 
  8. "Escritora de la virtud, Hroswitha de Gandersheim (935-1002)". Consultado o 2020-10-25. 
  9. Santos-Paz, José C. Rosvita de Gandersheim. Obra dramática (en inglés). 
  10. "Mujeres y Matemáticas - PDF Descargar libre". docplayer.es. Consultado o 2020-10-25. 
  11. Droides, Dynamic. "Biografía de Fátima de Madrid, astrónomas, astronomía". www.astrojem.com. Consultado o 2020-10-25. 
  12. "Fatima de Madrid". www.historiamujeres.es. Consultado o 2020-10-25. 
  13. "Una sorprendente estudiosa del siglo XII: Hildegard von Bingen Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-06-29. Consultado o 2020-10-25. 
  14. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :0