Mulleres nas Matemáticas da Antigüidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Crear páxina nova
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Ao longo da historia centenares de [[Muller|mulleres]] tiveron que loitar para abrirse paso no campo das ciencias, unha contorna tradicionalmente masculina e vetada para elas. A contribución destas mulleres tivo un gran impacto no desenvolvemento das [[matemáticas]].<ref>{{Cita web|título=Matemáticas que han revolucionado la historia|url=https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20190312/461000579675/mujeres-matematicas-historia-ciencia.html|páxina-web=La Vanguardia|data=2019-03-13|data-acceso=2020-10-28|lingua=es}}</ref> [[Ficheiro:Woman teaching geometry.jpg|alt=Muller ensinando xeometría. Detalle dunha ilustración medieval|miniatura|Muller ensinando xeometría.]]
 
A historia escrita da ciencia empeza en Exipto durante o Imperio Antigo (2778-2263 a.n.e.), nos tempos das pirámides. A eles interesábanlles os aspectos máis prácticos da ciencia, polo que desenvolveron as partes das matemáticas e a astronomía máis aplicables aos problemas do momento: reservas de trigo para o comercio, ou como cortar os bloques de pedra que se necesitaban para as súas xigantescas edificacións. O cálculo do tempo foi o que deu o impulso inicial á observación astronómica sistemática, actividade na que foron os pobos de Mesopotamia -sumerios, babilonios e asirios- os que lograron os maiores adiantos científicos. Nestas culturas o coñecemento estaba en mans de sacerdotes e