Francisco Suárez García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + cat
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou para piloto da Armada, pero abandonou a carreira naval en [[1848]]. Emigrou a [[Uruguai]] e [[Arxentina]], onde ocupou diversos cargos e colaborou en publicacións como ''El Comercio'', ''Diario de Corrientes''. En 1857 foi designado director de Instrución Pública da República Arxentina e publicou o tratado ''Puntualización y ortografía''. Regresou a [[Ferrol]] en [[1860]] e estableceu unha academia de ensino. En [[1867]] mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais e dirixiu ''[[El Eco Ferrolano]]'' (1864-1869). Presidente do comité do [[Partido Republicano Democrático Federal]], foi alcalde da cidade tras o pronunciamento antimonárquico da Armada, en outubro de 1868. En [[1871]] fundou o periódico ''[[El Trabajo (1871)|El Trabajo]]'', dende o que preconizou o diálogo con calquera opositor político. Participou na sublevación federalista-cantonal ferrolá de outubro de [[1872]] e en [[1873]] foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en [[Portugal]] e, expulsado, exiliouse en [[París]] ata [[1877]]. Interveu nas conspiracións republicanas do último terzo do século XIX, e mantivo a súa actividade como propagandista fundando e dirixindo ''[[La Democracia (Ferrol)|La Democracia]]''. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
 
== Obras ==
Liña 34:
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]
[[Categoría:Xornalistas de Ferrol]]
 
[[Categoría:Masóns de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]
[[Categoría:Nados en 1827]]