Diferenzas entre revisións de «Préstamos da lingua galega»

m
→‎Orixe dos préstamos: Linguas amerindias
m (→‎Orixe dos préstamos: Linguas amerindias)
 
*'''[[Occitano]]''' ([[occitanismo]]): datan do período [[Idade Media|medieval]], cando o [[lingua occitana|occitano]] era unha importante lingua de cultura. Así moitos dos termos relaciónanse co [[trobadorismo]] mais tamén doutros ámbitos: ''funil'' e ''trobador''.
*'''[[Lingua francesa|Francés]]''' ([[galicismo]]s): a presenza de galicismos no galego é moi antiga e moi notábel no período medieval polos contactos polo [[Camiño de Santiago]] ou pola importancia de ordes relixiosas como a de [[Cluny]] e posteriormente polo seu ''status'' de [[lingua internacional]]. Son [[galicismo]]s no galego: ''blusa'', ''chapeu'' ou ''cisne''
*'''[[Lingua amerindia|Linguas amerindias]]''' ([[americanismo]]s): xeralmente designan realidades descoñecidas. A súa introdución foi por medio das linguas colonizadoras, o [[lingua portuguesa|portugués]] e fundamentalmente o [[lingua castelá|castelán]]: ''canoa'' ou ''cacique''
*'''[[lingua inglesa|Inglés]]''' ([[anglicismo]]s): a súa introdución prodúcese cando substitúe o francés como lingua internacional. Os anglicismos pertencen ao campo da [[informática]] (''chip'', ''rato'', ''pen''), dos [[deporte]]s (''fútbol'').
*'''[[lingua castelá|Castelán]]''' ou [[castelanismo]]s: coa incorporación do [[Reino de Galiza]] na [[Coroa de Castela]] a influencia do castelán no galego irá a máis. Son castelanismos: ''guerrilla'' ou ''bocadillo''. Porén, a diferenza destes préstamos necesarios, moitas das novas palabras viñeron substituír a outra patrimoniais como ''abuelo'' no canto de ''avó'' ou ''iglesia'' en vez de ''igrexa'' e que xa non se recollen nos dicionarios como formas válidas, polo que no galego culto xa non poden funcionar como préstamos.
737

edicións