Douglas DC-1: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
combatir > combater |
m →Deseño |
||
Liña 20:
== Deseño ==
O desenvolvemento do DC-1 pode remontarse ao accidente en [[1931]] do voo 599 de TWA, sufrido por un [[Fokker F.10]] trimotor cun fallo estrutural nunha das súas ás, probablemente debido a auga que co tempo foi filtrándose entre as capas do laminado de madeira e acabou por disolver o pegamento que as mantiña xuntas. Tras o accidente, a división de aeronáutica do Departamento de Comercio estadounidense impuxo restricións estritas no uso de ás de madeira en avións de pasaxe. [[Boeing]] presentou unha proposta, o [[Boeing 247]], un monoplano bimotor totalmente metálico cunha tren de aterraxe retráctil, pero a súa capacidade de produción estaba reservada para satisfacer as necesidades de [[United Airlines]], parte de United Aircraft and Transport Corporation, que tamén era dona de Boeing. [[TWA]] precisaba un avión semellante para
Donald Douglas foi inicialmente reticente a participar da invitación de TWA. Dubidou de se habería un mercado para 100 avións, o número de vendas precisa para cubrir os custos de desenvolvemento. Porén, presentou un deseño dun avión bimotor de á baixa metálico para 12 pasaxeiros, unha tripulación de dous e un asistente de voo. O avión superou as especificacións da TWA incluso con só dous motores, principalmente debido ao uso de hélices de paso controlado.<ref>Smith (1998), p. 10</ref> O avión foi illado contra o ruído e a calor, e era totalmente capaz de voar e realizar engalaxes e aterraxes controladas cun só motor.
|