Rebordelos, Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 16:
 
== Xeografía ==
Rebordelos está situada no extremo nororiental do concello. Conxuga unha zona de marismas pertencentes ao [[espazo natural de Razo-Baldaio]] coñecida como o xuncal, e un litoral máis abrupto en pleno [[arco Ártabro]], preto do inicio da [[Costa da Morte]]. Seguindo a liña costeira e incluíndo o territorio "fuxido" da Imende, esta parroquia esténdese dende un marco natural situado no punto máis alto da Pedra do Sal, demarcando con Lema ata outro que a separa do concello da Laracha. Limita polo norte co [[Océano Atlántico]], polo oeste coa parroquia de [[Lema, Carballo|Lema]], polo sur coa de [[Noicela, Carballo|Noicela]] na que está integrada como "anexo" e polo leste coa de [[Caión, A Laracha|Caión]]. O lugar de Ada Imende é un enclave sen saída ó mar pertencente á parroquia de [[Noicela, Carballo|Noicela]].
 
Distínguense tres zonas, predominantemente de clima atlántico: