Rebordelos, Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Actualicei os datos de poboación.
Liña 41:
 
== Patrimonio ==
Hai unha mámoa ó lado da estrada que vai á praia da Pedra do Sal (nunha finca chamada "A Medoña"), un castro celta en [[Costenla, Rebordelos, Carballo|Costenla]], habitado no seu día por galaicos da tribo dos Brigantinos isto é, segundo o etnógrafo e historiador [[Xesús Taboada Chivite]], mestizos de [[Oestrimnios]] e [[Celta]]s, varias casas señoriais en [[Vilar de Peres, Rebordelos, Carballo|Vilar de Peres]] entre as que destaca a "Casa da Tulla", onde se orixinou unha das ramas dos Rodríguez-Arixón. Tamén se pode ver a capela de San Xoán co seu cruceiro en [[Leira, Rebordelos, Carballo|Leira]].
 
A igrexa de San Salvador está no centro do lugar de [[Rebordelos, Rebordelos, Carballo|Rebordelos]] cunha rúa que a circunda. Hai un cruceiro a uns 150 metros. Foi construída aló polo ano 1000 (de estilo románico). Segundo nos informa o Cardeal [[Jerónimo del Hoyo]] en [[1607]], esta parroquia era anexa ó mosteiro da orde de San Agustín de Caión. No [[catastro de Ensenada]] infórmanos que os décimos desta freguesía ían destinados a este mosteiro, e a loitosa pagábase ó Conde de Graxal de Caión, título correspondente ós Bermúdez de Castro. A igrexa pasou a ser "anexa" de Noicela a comezos do [[século XVII]]. Reedificouse desde a base no ano [[1735]], e levantouse de novo unha construción moi sobria tal e como a vemos na actualidade. Ten unha [[fachada]] lisa, na que se abre unha porta e unha pequena [[fiestra]] rectangulares, e coroando o conxunto, unha sinxela espadana dun so oco. O [[retablo]] maior e o lateral dereito pertencen ó primeiro [[barroco]]. Nos dous aparece no segundo corpo a imaxe do patrón San Salvador. Isto dános a insinuar que este lateral debía ser o que presidía a igrexa. O retablo da esquerda ardeu, e no seu lugar púxose un novo de comezos do [[século XX]].