Diferenzas entre revisións de «Alcioneo»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Os Xigantes, incitados por Xea como vinganza pola sorte sufrida polos [[Ciclope]]s e os [[Hecatonquiros]], tamén fillos seus, rebeláronse contra [[Zeus]] e o resto dos [[deuses olímpicos]] nunha guerra coñecida como [[Xigantomaquia]], na que foron derrotados e mortos. Aínda que os Xigantes foran de raza divina, eran mortais, pero sempre que foran feridos simultaneamente por un [[deus]] e un mortal, polo que Zeus chamou ó seu lado ó heroe [[Heracles]]
 
Alcioneo e [[Porfirión]] foron os principais protagonistas do enfrontamento. Alcioneo tiña a propiedade da inmortalidade mentres loitase na terra onde nacera ([[Palene]], en [[Reino de Macedonia|Macedonia]]), por iso erguíase de novo unha e outra vez tras ser ferido polas frechas de Heracles (envelenadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]). Aconsellado por [[Atenea]], Heracles logrou sacar a Alcioneo da súa terra e así conseguiu acabar con el.{{Sfn|Grimal|1989|p=19}} As distintas fontes dan dúas explicacións: para uns arrastrouno ata fóra do seu territorio; para outros, Heracles simulou fuxir enganando ó xigante, que ó perseguilo non se deu de conta que estaba fóra da súa terra.
 
{{cita|"''Superaban a todos Porfirio e Alcioneo, que era inmortal en tanto que luchara sobre a terra pola que precisamente fora enxendrado...'' [Heracles] ''primeiro disparou as súas frechas contra Alcioneo, pero en canto caía en terra recobraba o seu vigor. Por recomendación de Atenea, arrastrouno fóra de Palene e deste xeito logrou que morrera''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' I, 6, 1)}}
Durante esta persecución, Alcioneo lanzou unha rocha enorme contra Heracles, esmagando a 24 dos seus compañeiros. Nalgún texto explícase que o propio Heracles rexeitou a rocha coa súa clava, matando así ó xigante. [[Píndaro]] afirma que a rocha podía verse no [[istmo]] de [[Istmo de Corinto|Corinto]].
 
As fillas de Alcioneo (Alcipe, Ante, Asteria, Ctonia, Drimo, Metone, Palene e Phtonia ou Fostonia), chamadas as [[Alciónides]], botáronse ó mar, desesperadas pola morte do pai, e foron trasformadas pola deusa [[Anfítrite]] en [[picapeixe]]s (''Alcedo atthis'', da familia dos Alcedínidos).{{Sfn|Grimal|1989|p=19}}
 
== Notas ==
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
 
* {{Cita libro|título=Diccionario de mitología griega y romana|apelidos=Grimal|nome=Pierre|editorial=Paidós|ano=1989|ISBN=84-7509-166-0|ref=harv|lingua=es|lugar=Barcelona|edición=1ª|outros=4ª reimpr.}}
*[[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ªed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
{{Reftermina}}
 
=== Ligazóns externas ===
*Alcioneo en [https://www.theoi.com/Gigante/GiganteAlkyoneus.html Theoi Project] (en ''[[Lingua inglesa|inglés]]'')
 
{{Mitoloxía grega}}
{{Control de autoridades}}
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Alcioneo}}
[[Categoría:Xigantes]]
33.723

edicións