Diferenzas entre revisións de «Ponto (mitoloxía)»

máis
(comezo)
 
(máis)
{{en uso}}
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Ponto''' (en [[lingua grega|grego antigo]] Πόντος ''Póntos'', 'mar'; en [[latín]] ''Pontus'') foi un deus primixenio, anterior ós [[Titán (mitoloxía)|Titáns]] e ós [[deuses olímpicos]]. Foi fillo de [[Xea]] (a Terra) e irmán de [[Urano (mitoloxía)|Urano]]. [[Hesíodo]] escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino <ref>Este último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano tería máis fillos: os Titáns.</ref>. Considérase a personificación masculina do mar.
 
{{cita|"''Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor''"|(Hesíodo: ''Teogonía'' 131-132)}}
[[Higino]] afirmaba que foi fillo de Xea con [[Éter (mitoloxía)|Éter]], o Ceo luminoso.<ref>[[Higino]]: ''Fábulas''.</ref>
 
== Mitoloxía==
Uniuse a Xea e tivo con ela cinco fillos:
* [[Nereo]], pai das [[Nereidas]]
* [[Taumante]], pai, con [[Electra]], das [[Harpías]].
* [[Forcis]] e [[Ceto]], irmáns e esposos entre si. Ceto era un terrible monstro acuático, e entre a descendencia que tiveron figuran as [[Gorgonas]], [[Tifón (mitoloxía)|Tifón]], [[Cerbero]], a [[hidra de Lerna]] e outros seres monstruosos.
* [[Euribia]], que casou con [[Crío (mitoloxía)|Crío], un dos titáns. Tiveron tres fillos: [[Astreo]], [[Palas (Titán)|Palas]] (ou Palante) e [[Perses]].
 
Con [[Talasa (mitoloxía)|Talasa]], personificación do [[mar Mediterráneo]], foi pai dos [[Telquines]]: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico.
 
Algunhas fontes fano tamén pai de [[Briareo]], un dos [[Hecatonquiros]].
 
== Notas ==
58.729

edicións